Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declaran, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no Concello de Allariz (expediente IN407A 2022/31-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalacións eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA ALL805-San Cibrao-COG.Allariz 5.

Situación: concello de Allariz.

Características técnicas do proxecto, que foi redactado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado núm. 482 do COITIOU, o 7.10.2021:

– Reforma da LMTA, a 20 kV, ALL805-San Cibrao-COG.Allariz 5 do expediente 2260-AT, coa substitución dos apoios con matrículas BDPX9MXS//26-18-B-1 e BDNVNHAC//28-20-B-2, por deterioración, así como a renovación do condutor LA-56 existente nunha lonxitude de 183 m.

A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo desta xefatura territorial do 5.4.2022, que foi inserido no DOG do 3.5.2022 e no xornal La Región de Ourense do 22.4.2022; o proxecto tamén estivo en exposición pública nesta xefatura territorial e no portal de transparencia da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso non se presentaron alegacións contrarias á realización do proxecto.

Para dar cumprimento ao artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, realizouse o trámite de notificación a descoñecidos co correspondente anuncio que se inseriu no DOG do 25.5.2022 e no TEU do BOE do 30.5.2022.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V, do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial, resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, se dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e nas horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo do acordo de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulgen pertinente.

Ourense, 21 de xuño de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Administración Industrial