Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2022/18 AT).

Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: adecuación LMT MOF801 derivada a CT Ribas Altas (27C236) (Monforte de Lemos).

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas principais:

• Adecuación do CT denominado Ribas Altas (CT 27C236) tipo caseta, no cal se instala unha cela de liña e unha de protección e novos cables ponte.

• Liña de media tensión aérea 20 kV MOF801 (expediente 202/2016-AT) na cal se substitúe o apoio existente de formigón Nº D-76-2 tipo HVH-12 por un apoio novo de celosía tipo C-14/2000, substitúense tamén 87 metros de condutor LAC-28 por condutor tipo LA-56.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV MOF801, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado D-76-2 e final no CT Ribas Altas, cunha lonxitude de 430 metros en condutor tipo RHZ1-240.

Finalidade da instalación: regulamentación de instalacións.

Orzamento: 83.051,50 €.

Documentación que se acompaña:

• Separata para o Concello de Monforte de Lemos.

• Separata para AXI.

• Separata para ADIF.

• Separata para a CHMS.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a dirección de obra por técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 20 de xuño de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo