Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica soterramento da LAT 66 kV Padrón-Tivo entre os apoios números 55 e 63 no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2021/281-4).

O 11 de novembro de 2021, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada soterramento da LAT 66 kV Padrón-Tivo entre os apoios nº 55 e nº 63.

O 4 de marzo de 2022, esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2021/281-4) que foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo de 2022.

O 7 de maio de 2022, por problemas de permisos, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a declaración de utilidade pública para a instalación eléctrica soterramento da LAT 66 kV Padrón-Tivo entre os apoios nº 55 e nº 63.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita o proxecto modificado da instalación eléctrica correspondente co expediente IN407A 2020/008-4 coas características que se describen:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: soterramento da LAT 66 kV Padrón-Tivo entre os apoios nº 55 e nº 63.

Situación: Caldas de Reis.

Características técnicas: soterramento dun tramo de 1.679 metros de lonxitude da liña de alta tensión en dobre circuíto de 66 kV con condutor AI 630+H165 con orixe no novo apoio PAS nº 55 proxectado e final no apoio nº 63 coa consecuente desmontaxe do tramo aéreo que se soterra. Substitución de 162 metros de lonxitude do actual condutor do tramo da liña de alta tensión en dobre circuíto de 66 kV de apoio nº 54 ata o apoio nº 55 PAS proxectado por un condutor LA-280. As instalacións están situadas no concello de Caldas de Reis.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 20 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2021/281-4.

Denominación: soterramento da LAT 66 kV Padrón-Tivo entre os apoios nº 55 e nº 63.

Situación: Caldas de Reis.

Parcela

Titular

Ocupación temporal

Afeccións

Lugar

Cultivo

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

2

Estrada

Vía de comunicación

Ministerio de Fomento

1.302,46

312,67

632,68

3

Camiño

Vía de comunicación

Ministerio de Fomento

96,22

60,5

157,87