Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de xuño de 2022 da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Monfero (expediente-e IN407A 2022/16-1).

Expediente-e: IN407A 2022/16-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LAT 132 kV Eume-Pedrido DAR AP8-AP.58 (concellos de Miño, Monfero e Vilarmaior).

Concello: Monfero.

1. Características técnicas:

– Substitución de apoios nos seguintes treitos da liña LAT 132 kV Eume-Pedrido:

– Treito entre os apoios 13-18 no concello de Monfero (coordenada de referencia UTM ETRS89 X: 574.814 Y: 4.804.033), coa substitución do apoio número 15 (92018674), por un novo apoio (15N) de maior altura útil cO actual, baixo traza, a 4 metros ata o apoio número 16 (92018675).

– Treito entre os apoios 39-41 nos concellos de Vilarmaior e Miño (coordenada de referencia UTM ETRS89 X: 569.112 Y: 4.801.212). Treito entre os apoios 39 e 41 coa substitución do apoio número 40 (92018699) por un novo apoio (40N), de maior altura útil que o actual, baixo traza, a 10 metros ata o apoio número 41 (92018700).

– Treito entre os apoios 51-58 no concello de Miño (coordenada de referencia UTM ETRS89 X: 565.922 Y: 4.798.884), coa substitución dos apoios número 53 (92018712), número 54 (92018713), número 55 (92018714) e número 57 (92018716), por uns novos (53N, 55N e 57N) de maior altura útil que os actuais, baixo traza, a 2 m ata o apoio número 54 (92018713), a 13 metros con rumbo ao apoio número 56 (92018715) e a 6 metros en traxectoria cara o apoio número 56 (92018715), respectivamente. Instalación dun novo condutor LA-180 entre os apoios 53N e 55N.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así coma no concello.

Así mesmo, se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 16 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2022/16-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LAT 132 kV Eume-Pedrido DAR AP8-AP.58 (concellos de Miño, Monfero e Vilarmaior).

Concello: Monfero.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados.

Abreviacións:

ml. aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml. sot,: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér,: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².

LAT 132 kV Eume-Pedrido DAR AP8-AP.58 no concello de Miño:

Número de predio: 6.

Lugar/referencia catastral: Rosende-15049A01600022.

Cultivo: monte alto.

Propietaria/o: herdeiros de Manuel Couce García: Marita Allegue Couce e herdeiros de Manuel Couce García: María Josefa Allegue Couce.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 40N.

• m²: 14.

Número de predio: 9.

Lugar/referencia catastral: Cancelos-15049A00800563.

Cultivo: matogueira.

Propietarios: herdeiros de Manuel Chao.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 55N.

• m²: 14.

Número de predio: 10.

Lugar/referencia catastral: Fonteluz-15049A01101624.

Cultivo: monte alto.

Propietario: José Carlos González Gómez.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 57N.

• m²: 15.

LAT 132 kV Eume-Pedrido DAR AP8-AP.58 no concello de Monfero:

Número de predio: 4.

Lugar/referencia catastral: Braña grande-15051A01400048.

Cultivo: monte alto.

Propietarios: herdeiros de María Cortizas Suárez.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 15N.

• m²: 14.