Expediente-e.: IN407A 2021/220-1.
Solicitante: UFD, Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: recuamento do CT Neda-vila-15CT28.
Situación: concello de Neda.
1. Características técnicas:
Recuamento do CT Neda-vila (15CT28):
Desmantelamento do CT Neda vila (15CT28) (expediente IN407A 2016/742-1) existente.
Instalación nunha nova localización dun novo CT prefabricado 2L1P manobra exterior (unha das celas de liña telecontrolada), de 400 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4 kV.
Apertura da LMTS CRN703B (15 KV) que pasa nos arredores do novo CT Nova LMTS de 10 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm2 AL, coa orixe e remate nos extremos da apertura da liña CRN703B, logo de entrar e saír do novo CT proxectado.
Empalme dos condutores exitentes da LMTS CRN703B nas inmediacións do CT Neda vila (15CT28) (expediente: IN407A 2016/742-1) existente, que se vai desmantelar.
2. Lexislación de aplicación:
I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 16 de xuño de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente-e: IN407A 2021/220-1.
Solicitante: UFD, Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: recuamento do CT Neda-vila-15CT28.
Situación: concello de Neda.
Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².
Referencia catastral: 8170435NJ6187S0001JT.
Número de predio: 1.
Lugar: Subarreiros.
Cultivo: urbana.
Propietaria/o: herdeiras/os de María Florentina Castro López (representante: Margarita López Riobó).
Afección de solo en pleno dominio:
• Apoio número: centro de transformación.
• m2: 16,81.


