Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Noia (expediente-e IN407A 2022/136-1).

Expediente-e: IN407A 2022/136-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: subestación Tambre II 220/66/20 kV blindaxe 66 kV, no lugar de Santa María de Roo.

Concello: Noia.

1. Características técnicas:

Reforma consiste na blindaxe do parque de 66 kV, mediante a construción dun novo edificio situado no terreo ocupado na actualidade polo parque 66 kV intemperie e a instalación de celas GIS con illamento en SF6 no seu interior. Instalaranse dúas (2) novas posicións de liña para uns parques eólicos, pasando das sete (7) actuais a nove (9). Na sala de celas de 66 kV quedará un oco libre para a instalación dunha futura cela. Para dispoñer do espazo libre para a construción do novo edificio de 66 kV. A configuración do parque de 66 kV proxectada é a seguinte:

– 4 celas de posición liña, dobre barra, F35-41 66 kV, de 3º nivel (Negreira, Porto do Son, Padrón, Mazaricos).

– 1 cela de posición liña, dobre barra, F35-41 66 kV, de 2º nivel (Rois).

– 2 celas de posición liña, dobre barra, F35-41 66 kV dedicada a novos xeradores (parque eólicos) de 2º nivel (Barbanza, Olerón e Outes).

– 2 celas de posición liña, dobre barra, F35-41 66 kV dedicada, de 3º nivel (Tambre I e Jealsa).

– 1 oco futura cela/posición.

– 3 celas de posición trafo, dobre barra, F35-41 66 kV primario

– 1 celas de posición trafo, dobre barra, F35-41 66 kV secundario.

– 1 cela de axuste transversal, dobre barra.

– 1 cela de medida de tensión de barras.

– Carretón móbil 132-66 kV, prefabricado en envolvente metálica en semirremolque e preparado para servizo exterior, as celas teñen tensión máxima de servizo de 145 kV, blindadas en SF6 e preparadas para funcionar a dúas tensións nominais de rede: 132 kV ou 66 kV (50 Hz). Contén as seguintes posicións:

• 2 celas de posición de liña.

• 2 celas de posición de liña/trafo.

• 1 cela de posición de medida.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así coma no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte?content=expediente_0046.html

A Coruña, 17 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña