Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2022/140-4).

Para os efectos previstos na Lei Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT POR702 regulamentación apoio AVGFWMJ3//155.

Situación: Lalín.

Características técnicas:

Substitución do apoio AVGFWMJ3//155 da LMTA POR702 e LMT aérea a 20 kV, con conductor LA-56, de 219 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente AVBMS57K//153 da LMTA POR702 e final no apoio proxectado AVGFWMJ3//155.

A instalación está situada en Medio do Coto, no municipio de Lalín.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Pontevedra, 16 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Lalín; lugar: Medio do Coto; titular: Pablo Varela Cumplido; afección: 2 m² para o apoio AVGFWMJ3//155.