Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 14 de xullo de 2022 Páx. 39938

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 4 de xullo de 2022 pola que se modifica a autorización do Centro de Estudios Marcote, de Vigo.

A representación da titularidade do Centro de Estudios Marcote, de Vigo (Pontevedra), solicita a supresión do bacharelato e a autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Estética e Beleza e o ciclo formativo de grao superior (CS) Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, así como o curso de especialización de Autodescrición e subtitulación, e o de Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para suprimir o bacharelato e autorizar o CM Estética e Beleza, o CS Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, o curso de especialización de Autodescrición e subtitulación, e o de Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

– Denominación xenérica: centro privado.

– Denominación específica: Centro de Estudios Marcote.

– Código: 36019116.

– Enderezo: avenida da Ponte, 82.

– Localidade: Vigo.

– Concello: Vigo.

– Provincia: Pontevedra.

– Titular: Centro de Estudios Marcote, S.L.

Composición resultante:

a) Modalidade presencial, réxime ordinario:

• CM Estética e Beleza (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Vídeo, Disc-Jockey e Son (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Animacións 3D, Xogos e Contornos Interactivos (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Asesoría de Imaxe Persoal (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

• CS Caracterización e Maquillaxe Profesional (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Produción de Audiovisuais e Espectáculos (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Son para Audiovisuais e Espectáculos (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• Curso de especialización en Autodescrición e subtitulación (1 unidade para 20 alumnos/as).

• Curso de especialización en Videoxogos e realidade virtual (1 unidade para 20 alumnos/as).

b) Modalidade semipresencial e/ou a distancia, réxime de persoas adultas:

• CM Vídeo, Disc-Jockey e Son.

• CS Animacións 3D, Xogos e Contornos Interactivos,

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nas ensinanzas que se autorizan, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades