Mediante a Orde do 18 de marzo de 2022 (DOG do 1 de abril), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2022.
Reunida a comisión prevista no artigo 14 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 13 da orde de referencia,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial relacionadas no anexo I.
Segundo. Excluír a ANPA que figura no anexo II por non ser dun centro de educación especial.
Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, as beneficiarias presentarán electronicamente, de acordo co establecido no artigo 12 da orde de convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo, antes do día 31 de outubro de 2022, a seguinte documentación:
a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas e/ou nóminas e acreditación documental de que se efectuou o seu aboamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.
b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 18 de marzo de 2022 (DOG do 1 de abril) pola que se convocan as axudas para o ano 2022.
Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Así mesmo, contra esta orde poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
ANEXO I
CIF |
Confederación/federación/ANPA EE |
Beneficiaria |
Concello |
Importe (€) |
G15115165 |
Confapa (Confed. Galega ANPAS centros públi.) |
Confederación |
A Coruña |
7.710,00 |
G70416557 |
Confederación ANPAS galegas |
Confederación |
Santiago de Compostela |
7.910,00 |
G15098114 |
Congapa |
Confederación |
Ourense |
4.080,00 |
G15042617 |
Federación provincial ANPAS centros públicos-Fapa Coruña |
Federación provincial |
A Coruña |
4.385,00 |
G70366588 |
Federación centros públicos A Costa da Morte |
Federación provincial |
Carballo |
2.171,00 |
G27019140 |
Fapacel Federación provincial ANPAS centros públicos |
Federación provincial |
Lugo |
2.675,00 |
G27043389 |
FAPA Lugo |
Federación provincial |
Lugo |
1.415,00 |
G32009037 |
Federación provincial ANPAS centros públicos As Burgas |
Federación provincial |
Ourense |
2.927,00 |
G32025538 |
Federación ANPAS Centro Privados e Concertados |
Federación provincial |
Ourense |
1.379,00 |
G94202843 |
FEAPA Pontevedra |
Federación provincial |
Vilagarcía de Arousa |
1.469,00 |
G36020311 |
Federación provincial ANPAS centros públicos-FANPA |
Federación provincial |
Pontevedra |
4.331,00 |
G70222195 |
Federación centros públicos Compostela |
Federación provincial |
Santiago de Compostela |
2.207,00 |
G15543242 |
Federación ANPAS Ferrol e Comarca |
Federación comarcal |
Ferrol |
1.324,00 |
V36822682 |
Federación de ANPAS do Val Miñor |
Federación comarcal |
Gondomar |
1.342,00 |
G36743946 |
Foanpas Federación ANPAS Olívica |
Federación comarcal |
Vigo |
2.332,00 |
G70593991 |
ANPA CEE Ntra. Sra. de Lourdes |
ANPA EE |
A Coruña |
901,00 |
G15747678 |
ANPA CEE Amicos |
ANPA EE |
Ribeira |
901,00 |
G15456908 |
ANPA A Barcia |
ANPA EE |
Santiago de Compostela |
901,00 |
G15874290 |
ANPA Colexio Duques de Lugo |
ANPA EE |
Santiago de Compostela |
901,00 |
G27159425 |
ANPA CEE Santa María |
ANPA EE |
Lugo |
901,00 |
G32022774 |
ANPA CEE Miño |
ANPA EE |
Ourense |
901,00 |
G32202798 |
ANPA CEE O Pino |
ANPA EE |
Ourense |
901,00 |
V36130169 |
ANPA CEE Joaquina Sobrino |
ANPA EE |
A Guarda |
901,00 |
G36753895 |
ANPA La Ilusión del Val Miñor |
ANPA EE |
Nigrán |
901,00 |
G36152262 |
ANPA CEE Santísimo Cristo del Amor Aceesca |
ANPA EE |
O Porriño |
901,00 |
G36180768 |
ANPA CEE Juan XIII |
ANPA EE |
Pontevedra |
901,00 |
G36630614 |
ANPA CEE A Menela |
ANPA EE |
Vigo |
901,00 |
G36812063 |
ANPA CEE Saladino Cortizo |
ANPA EE |
Vigo |
901,00 |
G36024941 |
ANPA CEE Os Mecos |
ANPA EE |
Vilagarcía de Arousa |
901,00 |
ANEXO II
Nome da ANPA |
Concello |
Causa de exclusión |
ANPA das escolas rurais do Rosal |
O Rosal |
Non ser ANPA de educación especial |