Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40323

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acepta a renuncia dunha aspirante no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

En virtude da Resolución do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 109, do 5 de xuño) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro).

No DOG núm. 117, do 20 de xuño de 2022, publicouse a Resolución do 8 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Vista a solicitude de renuncia de Aldara Míguez González (con DNI ***6174**), presentada o 5 de xullo de 2022, en que solicita que se considere desistida dos seus intereses no proceso selectivo para o acceso ao corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, do cal é aspirante.

Tendo en conta o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia da aspirante Aldara Míguez González (con DNI ***6174**) a partir do día da data da solicitude, 5 de xullo de 2022, do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro).

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública