Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40381

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2022 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de biotecnoloxía polo sistema de acceso libre.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 2 de decembro de 2021 (DOG do 21 de decembro) mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de biotecnoloxía polo sistema de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador, que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

• Tribunal titular:

Presidencia: Javier Rodeiro Iglesias, profesor contratado doutor da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Herminia Domínguez González, catedrática de universidade da Universidade de Vigo.

– Gil Garrote Velasco, catedrático de universidade da Universidade de Vigo.

– María Jesús Iglesias Briones, catedrática de universidade da Universidade de Vigo.

Secretaría: Jorge Millos Alfeirán, técnico superior de análise instrumental da Universidade de Vigo.

•  Tribunal suplente:

Presidencia: José Benito Rodríguez González, técnico superior de microscopia electrónica da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Sidonia Martínez Suárez, profesora titular de universidade da Universidade de Vigo.

– Florentino Fernández Riverola, catedrático de universidade da Universidade de Vigo.

– María del Carmen García Meijide, técnica superior de análise instrumental da Universidade de Vigo.

Secretaría: Cristina López Macías, técnica superior de I+D da Universidade de Vigo.

Vigo, 6 de xullo de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo