De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 1 de decembro de 2021 (DOG do 15 de decembro) mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de calidade polo sistema de promoción interna e de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, ordenando a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo
Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.
Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador, que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
• Tribunal titular:
Presidencia: Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez, profesor contratado doutor da Universidade de Vigo.
Vogais:
– María del Rocío Rodríguez Daponte, profesora contratada doutora da Universidade de Vigo.
– María Lourdes Borrajo Diz, profesora contratada doutora da Universidade de Vigo.
– Iván Carlos Area Carracedo, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.
Secretaría: María Reyes Fernández González, técnica superior de orientación e promoción do emprego e o emprendemento da Universidade de Vigo.
• Tribunal suplente:
Presidencia: Eva María Lorenzo Iglesias, profesora titular de universidade da Universidade de Vigo.
Vogais:
– María José Moure Rodríguez, profesora titular de universidade da Universidade de Vigo.
– David Patiño Vilas, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.
– Monserrat Míguez Bernárdez, profesora titular de universidade da Universidade de Vigo.
Secretaría: Amelia Rodríguez Piña, técnica superior de relacións internacionais da Universidade de Vigo.
Vigo, 6 de xullo de 2022
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo