Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40286

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 8 de xullo de 2022 pola que se clasifica como mixta a Fundación INFIAR.

Unha vez examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación INFIAR con domicilio na Praza Roxa, número 1, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos:

1. O 5 de outubro de 2021, Mercedes Salmonte Couso, vicepresidenta do padroado da Fundación, presentou solicitude de clasificación, declaración de interese galego e a súa correspondente inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación INFIAR constituírona Alberto Tizón Martín e Mercedes Salmonte Couso no seu propio nome e dereito; e as entidades Fauna Útil, S.L., representada por María López Burgos; Nortempo Empresa de Trabajo Temporal, S.L., representada por Bartolomé Pidal Diéguez; Panadería da Cunha, S.L., representada por Manuel da Cunha Pereira; Serviguide, S.L., representada por Ana María González Sánchez; Arofa, S.L., representada por Jesús Quinta García; Ramiro Arnedo, S.A., representada por Mercedes Salmonte Couso; Alibos Galicia, S.L., representada por Jesús Quintá García; e Somozas Valorización de Lodos Biogás, S.L., representada por Santiago José Aguilar Freire, mediante escritura pública outorgada en Teo (A Coruña) o 15 de xullo de 2021, ante o notario Carlos Sebastián Lapido Alonso, co número de protocolo 1.102.

Tras requirimento do 9 de novembro de 2021 do Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas desta Secretaría Xeral Técnica, o 21 de febreiro de 2022 achegan unha dilixencia de rectificación da escritura anterior, outorgada o 18 de febreiro de 2022, ante o mesmo notario, en que emendan o solicitado no dito requirimento.

3. A Fundación, consonte o artigo 5 dos seus estatutos, ten por obxecto: «impulsar a investigación e a innovación das actividades produtivas e o aproveitamento dos recursos no medio rural, para promover a súa autosuficiencia nunha contorno de economía circular, incremento da produción sustentable e prevención do cambio climático que xeren novas oportunidades de creación de empresas e emprego, contribuíndo a mellorar as condicións de vida e a equiparar o acceso os servizos para a poboación nas zonas desfavorecidas»›.

4. O padroado inicial da Fundación está formado pola entidade Somozas Valorización de Lodos Biogás, S.L., representada por Santiago José Aguilar Freire, como presidenta; Mercedes Salmonte Couso, como vicepresidenta; Alberto Tizón Martín, como secretario; e as entidades Fauna Útil, S.L., representada por María López Burgos; Alibos Galicia, S.L., representada por Jesús Quintá García; Arofa, S.L., representada por Domingo Arotzarena Martín; Panadería da Cunha, S.L., representada por Manuel da Cunha Pereira; Ramiro Arnedo, S.A., representada por Julián Arnedo Díez; Nortempo Empresa de Trabajo Temporal, S.L., representada por Bartolomé Pidal Diéguez; e Serviguide, S..L, representada por Alejandro Castro Moral, como vogais.

5. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes proposta de clasificación como mixta da Fundación INFIAR, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de Secretarios Xerais, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, correspóndelle a esta Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 20 de xuño de 2022,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación INFIAR e adscribila ao protectorado da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; pódese interpoñer no prazo dun mes, previamente e con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, de conformidade co artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes