Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 19 de xullo de 2022 Páx. 40546

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o 12 de xullo de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro), modificado pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 258, do 24 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.6 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria. Deberá especificar a liña ou liñas da base II.2 sobre as cales se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2022

Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal

ANEXO

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

II.2.1. Experiencia profesional

II.2.2. Permanencia na categoría

II.2.3. Formación

Total

***6680**

Nartallo

Penas

María Victoria

28,00

8

0,75

36,75