Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 19 de xullo de 2022 Páx. 40544

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o 12 de xullo de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG núm. 201, do 5 de outubro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 e II.2.6 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.6 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria. Deberase especificar a alínea ou alíneas da base II.2 sobre as cales se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022

Felipe García Calvo
Presidente do tribunal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

II.2.1.1

II.2.1.2

Total exp. prof.

II.2.2

II.2.3

Total

***2756**

Calvo Torres, Inés

41.60

0.00

28.00

6.00

4.00

38.00

***1853**

García Crespo, María Vanessa

44.40

0.00

28.00

6.00

4.00

38.00

***2321**

Mira Santamarina, María Goretti

0.00

0.00

0.00

0.00

0.00

00.00

***8702**

Gil Vicente, Xoel

0.00

0.00

0.00

0.00

0.00

00.00

***5650**

Samaniego Lalangui, Kenia Andreina

0.00

0.00

0.00

0.00

0.00

00.00

***9274**

Franco Parapar, Andrea

0.00

0.00

0.00

0.00

0.00

00.00