Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 20 de xullo de 2022 Páx. 40761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico das instalacións do parque eólico Laxabranca, situado nos concellos da Lama (Pontevedra), Avión e Beariz (Ourense), e promovido por Laxabranca, S.L. (expediente IN408A/2020/016).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Laxabranca, S.L.

Domicilio social: Parque San Lázaro, 7, 1º, 32003 Ourense

Denominación do proxecto: Parque Eólico Laxabranca.

Municipios afectados: A Lama (Pontevedra) , Avión e Beariz (Ourense).

Potencia a instalar: 18 MW.

Produción neta anual estimada: 55.422 MWh/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 10.742.057 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Laxabranca

ETRS89

UTM H29-X

UTM H29-Y

1

553.875,00

4.700.615,00

2

554.875,00

4.700.615,00

3

554.875,00

4.697.782,00

4

554.375,10

4.697.782,00

5

554.375,10

4.699.785,00

6

553.875,00

4.699.785,00

Emprazamento dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Parque eólico Laxabranca

ETRS89

UTM H29-X

UTM H29-Y

1

554.105,00

4.700.368,00

2

554.536,00

4.699.909,00

3

554.592,00

4.699.356,00

Situación do centro de seccionamento:

Centro de seccionamento

Parque eólico Laxabranca

ETRS89

UTM H29-X

UTM H29-Y

A

554.564,99

4.697.807,38

B

554.566,37

4.697.803,65

C

554.557,29

4.697.800,30

D

554.555,91

4.697.804,03

CENTROIDE

554.561,14

4.697.803,84

Coordenadas da arqueta receptora na subestación colectora Suído 132/30 kV (proxecto independente):

Arqueta receptora

Parque eólico Laxabranca

ETRS89

UTM H29-X

UTM H29-Y

Centro

554.510,68

4.697.792,60

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico, son as seguintes:

• 3 aeroxeradores modelo Vestas V150 6,0 MW de potencia unitaria, con velocidade e paso variables, altura de buxa 105 m e 150 m de diámetro de rotor.

• 3 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 7.000 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,720/30 kV, celas de 30 kV e os correspondentes equipos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Centro de seccionamento e medida, con edificio de control equipos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• O parque eólico Laxabranca compartirá con outros parques a subestación prevista para conexión á rede eléctrica denominada Subestación Colectora Suído 132/30 kV. A liña aérea será de tensión 132 kV desde a Subestación Colectora Suído 132/30 kV, para a conexión directa desta subestación cunha segunda subestación colectora principal denominada Subestación Colectora Paraño 400/132/30 kV, instalación común para o continxente de todos os parques con conexión final prevista na futura Subestación Beariz 400 kV de REE. As subestacións colectoras e as liñas de interconexión son obxecto de proxectos técnicos independentes.

• A conexión do parque eólico coa subestación colectora realízase mediante un circuíto eléctrico soterrado a 30 kV, con condutor tipo AL RHZ1 18/30 3x(1x400).

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución (marzo 2022), estudo de impacto ambiental (marzo 2022) e proxecto de interese autonómico (marzo 2022).

Esta documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra) e de Ourense (r/ Curros Enríquez, 1-4º, 32071 Ourense) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, respectivamente, nos teléfonos 986 80 52 39 e 988 38 67 35, e nos correos electrónicos xt.ceei.po@xunta.gal e enerxia-minas.ceei.ourense@xunta.gal, así como nos concellos de A Lama (Pontevedra), Avión e Beariz (Ourense) e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas podan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais