Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 21 de xullo de 2022 Páx. 41067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 4 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, de desestimación da solicitude de reincorporación ás listas de selección temporal da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Para que sirva de notificación a María de los Ángeles Villarino Alonso, ao non ter sido posible efectuar esta no último domicilio coñecido da interesada, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recurso Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 23 de febreiro de 2022, se acordou desestimar a solicitude de reincorporación ás listas de selección temporal da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

O texto íntegro do acordo de incoación, así como a documentación que figura no expediente están á disposición da interesada nas dependencias de Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A interesada disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para formular sobre o contido do acordo de iniciación as alegacións que xulgue convenientes.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos