Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 21 de xullo de 2022 Páx. 40993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación do parque eólico Dos Cotos, situado no concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/18-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselle á persoa relacionada no anexo a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación do parque eólico Dos Cotos (expediente IN661A 2011/18-4) logo de que fose devolta a carta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou por ignorar o lugar da notificación.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para unha mellor atención deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 52/986 80 52 15.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 7 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Propietario

Lugar

Acto que se notifica

36012B51401911

514

1911

José Vicente García Nogueira

Lg. Pozo Negro (O)-Rebordelo, Cova

Solicitude de utilidade pública