Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 21 de xullo de 2022 Páx. 40991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melón (expediente IN407A 2022/66-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Juan Carlos Iglesias Ferreiro, colexiado núm. 2663 do COIIG, con visado núm. 20221368, con data do 12.5.2022.

Solicitante: Minera de Rocas, S.L., CIF: B36123693.

Domicilio: polígono A Cañiza, núm. 12, 36880 A Cañiza (Pontevedra).

Denominación: centro de seccionamento (CS) en canteira Coto Xesteiro, Melón.

Situación: concello de Melón (Ourense).

Orzamento: 17.862,71 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, de alimentación CS proxectado, en condutor RHZ1-OL-12/20 kV 3×95 Al de 20 m de lonxitude, con inicio en apoio próximo da compañía distribuidora, con autoválvulas e seccionador XS.

– CS Coto Xesteiro en obra civil, con celas modulares con envolvente metálica, modelo cgmcosmos de Ormazábal, de interruptor-seccionador e E/S, con illante e corte en SF6; situación: coordenadas UTM ETRS89 H29, X: 562016.47 e Y:4679747.44.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións deste proxecto son de cesión obrigatoria para formar parte da rede de distribución, polo que os trámites de autorización de explotación e posta en servizo serán realizados directamente coa empresa distribuidora, seguindo para iso o procedemento previsto no artigo 132 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 13 de xullo de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria