Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41193

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas e se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Mediante Resolución do 18 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 27 de abril) convocouse o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

A Resolución do 13 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 118, do 21 de xuño) declarou con carácter provisional as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo.

A base sexta da resolución de convocatoria establece un prazo de emenda para as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada, así como para poder corrixir o defecto que motivou a exclusión.

Na base sétima da dita resolución disponse que o tribunal cualificador será nomeado pola autoridade convocante e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta e de conformidade coas bases sexta e sétima da resolución de convocatoria, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución do 18 de abril de 2022.

Segundo. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluído/as, con indicación do motivo de exclusión, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Nomear, con efectos da data da presente resolución, os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso, na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral), convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 18 de abril de 2022, e que se relacionan no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, que sexan de aplicación atendendo ás particularidades do proceso, así como o Protocolo de medidas de seguridade e organizativas no desenvolvemento dos procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde fronte á pandemia da COVID-19 autorizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Quinto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Facultativo/a especialista de atención primaria.

Presidenta titular

María Sinda Blanco Lobeiras

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médica de familia de atención primaria

Secretaria titular

Esperanza Rodríguez Cabo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

María Blanca Cimadevila Álvarez

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médica de familia de atención primaria

Vogal titular

Cristina Pérez Féas

Funcionaria Lei 17/1989, do 23 de outubro

Farmacéutica Inspectora de Saúde Pública

Vogal titular

Alfonso Alonso Fachado

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico de familia de atención primaria

Presidenta suplente

Cristina Otero Bouzada

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médica de familia de atención primaria

Secretario suplente

Alberto Jesús López Suárez

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Manuel Portela Romero

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico de familia de atención primaria

Vogal suplente

María Teresa Rey Liste

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médica de familia de atención primaria

Vogal suplente

Gabriela Alejandra González Losada

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médica de familia de atención primaria