Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41187

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 12 de xullo de 2022 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 25 de xaneiro).

A Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia establece na súa base vixésimo primeira que as persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Na Orde do 4 de agosto de 2021 (DOG núm. 161, do 23 de agosto), correccións de erros no DOG núm. 164, do 26 de agosto de 2021, e no DOG núm. 68, do 7 de abril de 2022, e modificada pola Orde do 16 de febreiro de 2022 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro), faise pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 e outras.

Mediante a Orde do 30 de agosto de 2021 (DOG núm. 168, do 1 de setembro), nomeáronse funcionarios e funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro) e outras.

Mediante a Orde do 16 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro), nomeáronse funcionarias en prácticas do corpo de mestres, especialidade de Lingua Estranxeira Inglés, María del Carmen Entenza Vidal e Luciana Sobrado Menoni, logo de estimados senllos recursos de alzada.

Así mesmo, mediante Resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos do 12 de xullo de 2021, en execución da Sentenza 14.4.2021, ditada no PO 483/2019, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, María Ellen Carnero Gómez, DNI***6700**, foi incluída na relación de persoal aspirante que superou o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de mestres, especialidade de Educación Infantil, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), e nomeada funcionaria en prácticas durante o curso 2021/22 con efectos administrativos desde o 1.9.2019 e como funcionaria de carreira desde o 1.9.2020.

Mediante a Orde do 2 de setembro de 2021 (DOG núm. 173, do 8 de setembro) nomeáronse funcionarios e funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de inspectores de educación da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020.

Mediante a Orde do 21 de setembro de 2021 (DOG núm. 185, do 24 de setembro) nomeáronse funcionarios e funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro), agás Berta Secall Pons, DNI ***1805**, do corpo de profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de Danza Clásica; Diego Villaverde Varela, DNI ***0955**, especialidade de Lingua Castelá e Literatura; Eleonora Giunchi, NIE ***2837**, especialidade de Grego; Iria Ameixeiras Cundíns, DNI ***0213**, especialidade de Lingua Galega e Literatura; Lorena González Gil, DNI ***0943**, especialidade de Análise e Química Industrial; Emilio José Suárez Canedo, DNI ***6298**, especialidade de Matemáticas; Alejandro Otero Zarraquiños, DNI ***3118**, especialidade de Matemáticas; Géraldine Maynadier, pasaporte ***K749**, especialidade de Francés; Tamara Varela Vila, DNI ***8033**, especialidade de Francés; Kevin Samir Djourdem, NIF ***5546**, especialidade de Francés do corpo de profesores de ensino secundario; Yolanda Martínez Suárez, DNI ***3394**, especialidade de Produción de Artes Gráficas; Raíña María Mariño Gómez, DNI ***6996**, especialidade de Operacións e Equipos de Elaboración de Produtos Alimentarios, e María Torres Cubeiro, DNI ***1742**, especialidade de Procesos de Xestión Administrativa do corpo de profesores técnicos de formación profesional; María Verónica Fernández Domínguez, DNI ***3246**, do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de Alemán, que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro).

Mediante esa Orde do 21 de setembro de 2021 tamén se nomearon funcionarios en prácticas Andrea Castelo Veiga, con DNI ***490**, especialidade de Lingua Galega e Literatura; Andrea Fidalgo Giráldez, con DNI ***9040**, especialidade de Lingua Castelá e Literatura, e a Vanesa Vázquez Novo, con DNI ***8636**, especialidade de Inglés, que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, entre outros, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), segundo a Orde do 31 de xullo de 2019 (DOG do 23 de agosto), e que tiveron aprazamento da fase de prácticas.

Na mesma orde do parágrafo anterior tamén se indica que Javier Telmo Miranda, DNI ***3731**, especialidade de Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, que superou o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) continúa durante o curso 2021/22 en aprazamento da fase de prácticas.

Así mesmo, mediante Resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos do 1 de marzo de 2022, en execución da Sentenza 10.12.2021, ditada no PO 36/2020, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Marta Blanco Pascual, DNI***7424**, foi incluída na relación de persoal aspirante que superou o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de Piano, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), e nomeada funcionaria en prácticas durante o curso 2021/22.

Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras seleccionadas nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020, modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021, nomeadas funcionarias en prácticas pola ordes do 30 de agosto, do 2 e do 21 de setembro de 2021 e na Orde do 16 de febreiro de 2022, agás as seguintes persoas por ter concedido aprazamento da fase de prácticas:

Berta Secall Pons, DNI ***1805**, do corpo de profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de Danza Clásica; Diego Villaverde Varela, DNI ***0955**, especialidade de Lingua Castelá e Literatura; Eleonora Giunchi, NIE ***2837**, especialidade de Grego; Iria Ameixeiras Cundíns, DNI ***0213**, especialidade de Lingua Galega e Literatura; Lorena González Gil, DNI ***0943**, especialidade de Análise e Química Industrial; Emilio José Suárez Canedo, DNI ***6298**, especialidade de Matemáticas; Óscar Alejandro Otero Zarraquiños, DNI ***3118**, especialidade de Matemáticas; Géraldine Maynadier, pasaporte ***K749**, especialidade de Francés; Tamara Varela Vila, DNI ***8033**, especialidade de Francés; Kevin Samir Djourdem, NIF ***5546**, especialidade de Francés do corpo de profesores de ensino secundario; Yolanda Martínez Suárez, DNI ***3394**, especialidade de Produción de Artes Gráficas; Raíña María Mariño Gómez, DNI ***6996**, especialidade de Operacións e Equipos de Elaboración de Produtos Alimentarios, e María Torres Cubeiro, DNI ***1742**, especialidade de Procesos de Xestión Administrativa do corpo de profesores técnicos de formación profesional; María Verónica Fernández Domínguez, DNI ***3246**, do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de Alemán, que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro).

Segundo. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras seleccionadas do corpo de mestres convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020, modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 e outras, nomeadas funcionarias en prácticas pola Orde do 30 de agosto e pola Orde do 16 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2021, agás as seguintes persoas por non ter superado a fase de prácticas Paula Abalde González, co DNI ***8691**, especialidade de Educación Primaria, María Jesús de Lamas Añón, co DNI ***8083**, especialidade de Lingua Estranxeira Inglés, e Andrea Pérez González, co DNI ***7481**, especialidade de Lingua Estranxeira Inglés.

Terceiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras Andrea Castelo Veiga, con DNI ***490**, especialidade de Lingua
Galega E Literatura; Andrea Fidalgo Giráldez, con DNI ***9040**, especialidade de Lingua Castelá e Literatura, e a Vanesa Vázquez Novo, con DNI ***8636**, especialidade de Inglés, que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, entre outros, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), segundo a Orde do 31 de xullo de 2019 (DOG do 23 de agosto), e que tiveron aprazamento da fase de prácticas, así como Marta Blanco Pascual, DNI***7424**, do corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de Piano e a María Ellen Camero Gómez, DNI ***6700**, do corpo de mestres especialidade de educación infantil.

Non se declara apto na fase de prácticas por ter concedido aprazamento a Javier Telmo Miranda, DNI ***3731**, especialidade de Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, que superou o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo).

Cuarto. Contra esta orde as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades