En virtude do establecido no artigo 9 da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, e no artigo 13 do seu Regulamento de réxime interno de organización e funcionamento, publicado no DOG número 221, do 13 de novembro de 2008, e de conformidade coa proposta formulada pola conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, logo da súa aprobación por cada unha das dúas representacións que integran o Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais reunido para o efecto,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais a Antía Sández Callejo.
Santiago de Compostela, dezanove de xullo de dous mil vinte e dous
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente