Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41406

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 126, do 4 de xullo de 2022, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 37876, onde di: «O Comité Asesor do Camiño de Santiago, regulado polo Decreto 93/2017, do 14 de setembro», debe dicir: «O Consello Asesor dos Camiños de Santiago, regulado polo Decreto 93/2017, do 14 de setembro».

Nas páxinas 37937 e 37938, onde di: «O Centro Galego da Innovación da Formación Profesional, con sede en Ourense, é un centro educativo, de apoio á docencia educativa e encargado da investigación e da innovación aplicada e a transferencia dos resultados dos proxectos de I+D+i a todos os centros que impartan formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, que dependente orgánica e funcionalmente da Dirección Xeral de Formación Profesional, e ten como finalidades:», debe dicir: «O Centro Galego da Innovación da Formación Profesional, con sede en Ourense, é un centro de apoio á docencia educativa e encargado da investigación e da innovación aplicada e a transferencia dos resultados dos proxectos de I+D+i a todos os centros que impartan formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, dependente orgánica e funcionalmente da Dirección Xeral de Formación Profesional, e ten como finalidades:».