Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de seis prazas de sarxento do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 116, do 20 de xuño de 2022, publicáronse as bases aprobadas por resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 15 de xuño de 2022, relativas á seguinte convocatoria:

Seis prazas de sarxento do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, subgrupo A2, CE 7/20, por promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 29 de xuño de 2022

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior