Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da convocatoria de selección para tres prazas vacantes de funcionario/a de carreira pertencentes á escala da Administración xeral, dúas da subescala auxiliar e unha da subescala administrativa, e das bases reguladoras da selección.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 151, do 4 de xullo de 2022, déuselle publicidade ás bases xerais e específicas reguladoras dos procesos de selección de tres prazas vacantes de funcionarios de carreira da escala da Administración xeral, dúas das prazas da subescala auxiliar (grupo C, subgrupo C2) e unha praza da subescala administrativa (grupo C, subgrupo C1). Dáselle publicidade ás bases e á convocatoria dos procesos de selección, mediante oposición por quenda libre. O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O Barco de Valdeorras, 4 de xullo de 2022

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde