Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41528

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2022.

Na Resolución da Alcaldía número 2022-0658, do 30 de xuño de 2022, aprobouse a seguinte oferta de emprego público para o exercicio 2022 coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:

Persoal funcionario de carreira. Taxa de reposición de efectivos.

Denominación

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Titulación

Provisión

1

Oficial de policía

C

C1

Administración especial

Servizos especiais

Bacharelato ou equivalente

Promoción interna

2

Policía local

C

C1

Administración especial

Servizos especiais

Bacharelato ou equivalente

Quenda libre

1

Administrativo/a

C

C1

Administración xeral

Administrativa

Bacharelato ou equivalente

Quenda libre

Persoal laboral fixo. Taxa de reposición de efectivos.

Denominación

Grupo

Subgrupo

Titulación

Provisión

1

Arquitecto/a técnico/a

2

Arquitecto/a técnico/a

Quenda libre

1

Capataz

4

4A

ESO ou equivalente

Promoción interna

1

Oficial 1ª de servizos

4

4B

ESO ou equivalente

Quenda libre

1

Limpador/a

5

5B

Non se require

Quenda libre

O que se publica en cumprimento do ordenado na resolución de aprobación desta.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, e entenderase desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada. Daquela, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedente conforme dereito.

Moaña, 4 de xullo de 2022

Leticia Santos Paz
Alcaldesa