Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 41796

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR616A e MR616C).

Durante o mes de xullo de 2022 unha vaga de incendios forestais ameazou o territorio da nosa comunidade autónoma, especialmente en zonas das provincias de Lugo e Ourense, nunha situación de extrema dificultade derivada da combinación de altas temperaturas, unha seca prolongada e un episodio meteorolóxico extraordinario denominado sistema convectivo de mesoscala. Esta vaga de incendios causou graves danos en diversos bens de titularidade pública e privada, incluíndo a destrución e afectación de vivendas da contorna dalgúns dos incendios forestais.

Co fin de adoptar medidas oportunas para a reparación dos danos producidos, logo do Informe da Axencia Galega de Emerxencias, do 20 de xullo de 2022, en que se declara como de natureza catastrófica ou calamitosa a vaga de lumes, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

No devandito decreto establécense unha serie de axudas para a reparación dos danos orixinados, e facúltanse na disposición derradeira primeira os distintos titulares das consellerías e das entidades do sector público para que, no ámbito das súas competencias, diten as disposicións necesarias para o desenvolvemento do decreto, adoptando as medidas necesarias para a súa aplicación; corresponden estas facultades, no caso das axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas, á Consellería do Medio Rural.

Deste xeito, mediante esta orde desenvólvese o Decreto 130/2022, no que se refire ás axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas, sen prexuízo de que en posteriores fases da rexeneración das áreas forestais se poidan establecer novas convocatorias, co fin de reparar os danos provocados polos incendios.

A orde estrutúrase en tres capítulos: no primeiro establécense o obxecto e o ámbito territorial e as bases comúns para todas as axudas, ben sexan explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras. O segundo capítulo inclúe a convocatoria das axudas para a reposición de explotacións forestais afectadas polos incendios, establecendo, ademais, especificidades da dita convocatoria. Analogamente, o terceiro capítulo inclúe a convocatoria das axudas para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios, coas especificidades da dita convocatoria.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais e bases reguladoras

Artigo 1. Obxecto e ámbito territorial

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas, cos seguintes códigos de procedemento administrativo:

– MR616C: axudas para a reposición de explotacións forestais afectadas polos incendios forestais.

– MR616A: axudas para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios forestais.

2. O ámbito territorial das axudas será o da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

Artigo 2. Natureza e compatibilidade das axudas

1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, do que poidan ser beneficiarios os afectados.

2. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nesta orde concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou da contía ou porcentaxe deste que se fixe nas correspondentes convocatorias, de forma que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Estas axudas serán incompatibles coas cantidades percibidas en concepto de indemnización polos mesmos danos derivados dun expediente de responsabilidade patrimonial.

Artigo 3. Réxime xurídico

As axudas previstas nesta orde regularanse polo establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

Artigo 4. Requisitos para todas as persoas beneficiarias

Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada persoa beneficiaria segundo o tipo de axuda que solicite, con carácter xeral, e de conformidade co establecido nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Seren condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitaren a declaración de concurso, teren sido declaradas insolventes en calquera procedemento, atoparse declaradas en concurso, agás que neste adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou teren sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Teren dado lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estaren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Teren a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estaren ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Seren sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Órganos competentes

Os órganos competentes para a tramitación e resolución das axudas obxecto desta orde serán os que se establecen nos capítulos seguintes, de acordo coa natureza da axuda e as competencias dos distintos centros directivos da Consellería do Medio Rural.

Artigo 6. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto nesta orde.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 7. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas nos capítulos seguintes, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.

3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Proceder ao reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.

b) Incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos nesta orde.

c) Incumprimento da obriga de achegar os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deba ter solicitado a entidade beneficiaria e/ou falta ou insuficiente acreditación de que a elección recaeu na oferta economicamente máis vantaxosa, salvo que polas especiais características do gasto subvencionable non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, así como naqueles supostos de actuacións realizadas con anterioridade á entrada en vigor da presente orde.

d) Incumprimento da obriga de destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, durante un período mínimo de cinco anos, de acordo co previsto no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable.

5. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

8. En calquera caso, en cumprimento do establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de persoa beneficiaria destas axudas as persoas ou entidades nas cales concorran as circunstancias previstas nos números 2 e 3.

Artigo 8. Incumprimento das obrigas

No caso de incumprimento das obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en todo caso, nos supostos establecidos no artigo 33 da devandita lei, a persoa ou entidade beneficiaria comprométese a reintegrar as cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora que deba aquela, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Artigo 9. Modificación das resolucións de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Contratación

1. As persoas e entidades beneficiarias poderán concertar con terceiros a execución parcial ou total das actuacións que integran o proxecto subvencionado e que constitúe o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actuacións que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a persoa ou entidade beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

2. A tramitación da contratación das obras, equipamentos ou servizos será realizada polas persoas ou entidades beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, de ser o caso, e serán as contratantes as responsables directas das consecuencias que poidan derivar dos incumprimentos.

En todo caso, deberá observarse o establecido nos artigos 27 e 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, e no artigo 31.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Nos supostos en que proceda a aplicación do previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa ou entidade beneficiaria deberá acreditar as ofertas recibidas xunto coa documentación xustificativa da subvención e xustificar a elección entre as ofertas presentadas.

A elección deberá realizarse consonte criterios de eficiencia e economía e, con carácter xeral, recaerá na proposta económica máis vantaxosa. De non recaer nesta, deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección do/a adxudicatario/a.

Artigo 11. Presentación electrónica de documentos

Para os efectos da presentación por medios electrónicos de documentación e solicitudes, para o caso de que no último día do prazo se produza unha incidencia técnica que imposibilite o funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia e, polo tanto, a imposibilidade de presentar escritos e documentos no marco do procedemento regulado nesta orde, producirase automaticamente unha ampliación do prazo establecido para a súa presentación. Esta ampliación, que alcanzará ata o seguinte día hábil, producirase de maneira automática sempre que o funcionamento da sede electrónica se interrompese durante polo menos catro horas o último día de prazo, así como, en todo caso, cando a incidencia afectase integramente a última hora do dito prazo. Para estes efectos, informarase desta ampliación automática do prazo mediante anuncio publicado na sede electrónica da Xunta de Galicia, no cal se indicará con claridade o procedemento afectado pola ampliación automática, así como o día hábil seguinte en que finaliza o prazo ampliado.

No expediente deberá quedar constancia desta incidencia técnica mediante certificado expedido para o efecto polo servizo competente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en que conste tal incidencia, o tempo que permaneceu inactiva a sede electrónica e, na medida do posible, as causas.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectuen ou deixen de efectuar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso optar pola notificación en papel, efectuarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

Artigo 13. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, as persoas beneficiarias das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 14. Protección de datos

1. Coa presentación da solicitude, a entidade solicitante autoriza o tratamento necesario dos datos persoais para a publicación das axudas percibidas, de conformidade coa normativa vixente en materia de publicidade das subvencións. Para tal efecto, a persoa interesada deberá manifestar o seu consentimento de maneira expresa e inequívoca, consonte co que prevén, respectivamente, os anexos I-F e I-G.

2. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas, cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 15. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO II

Convocatoria de axudas para a reposición de explotacións forestais

Artigo 16. Convocatoria de axudas en réxime de concorrencia non competitiva por danos para a reposición de explotacións forestais afectadas polos incendios. Código de procedemento administrativo: MR616C

Convócanse as axudas, en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito, destinadas á reparación dos danos producidos polos incendios, e á reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados nas explotacións forestais, de acordo coas bases do capítulo I desta orde, así como co establecido neste capítulo.

Artigo 17. Ámbito de aplicación

1. Estas axudas poderán concederse para a reposición das infraestruturas de titularidade privada situadas en terreos forestais, a maquinaria e equipamento forestal danados como consecuencia dos labores de extinción dos incendios forestais, a madeira amoreada queimada e de corta, recollida e esteladura da madeira queimada non comercial ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial en montes sen xestión pública, nas zonas afectadas polos incendios que se produciron en xullo de 2022.

2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concesión en concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito, segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Liñas de axuda

1. As liñas obxecto de axuda son as seguintes:

a) Axuda para a reparación dos danos causados a infraestruturas de titularidade privada (liña I-F).

b) Axuda para a reparación da maquinaria e equipamento forestal danados en tarefas de colaboración na extinción dos incendios forestais ou ocasionados por eles (liña II-F).

c) Axuda aos gastos da madeira amoreada queimada e de corta, recollida e estelado da madeira queimada non comercial ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial en montes sen xestión pública (liña III-F).

2. As axudas contidas neste capítulo outórganse ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

Artigo 19. Persoas beneficiarias

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias de terreos forestais, con exclusión das administracións ou entidades do sector público. No caso de danos causados á maquinaria e equipamento nos labores de extinción, as persoas beneficiarias serán as persoas físicas ou xurídicas propietarias deles, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.

2. Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar unha ou varias das tres liñas de axuda indicadas no artigo 18. O solicitante de varias liñas de axuda deberá realizar solicitudes individualizadas por cada liña en que teña interese. Estas xerarán un número homólogo de expedientes en tramitación para ese solicitante.

3. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

4. No caso das comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, con xunta reitora ou equivalente actualizada, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no momento da solicitude da axuda.

Artigo 20. Contía da axuda e requisitos

1. A contía da axuda calcularase con base no establecido nas alíneas seguintes:

a) Liña I-F: no caso de reparación dos danos causados a infraestruturas, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros.

b) Liña II-F: no caso de maquinaria e equipamento forestal danados en tarefas de colaboración nos labores de extinción, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 50.000 euros.

c) Liña III-F: no caso dos gastos da madeira amoreada queimada e de corta, recollida e estelado da madeira queimada non comercial ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial en montes sen xestión pública, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 25.000 euros.

2. Deberanse presentar tres orzamentos de diferentes provedores en que se desagreguen detalladamente e se cuantifiquen os custos das actuacións que se van realizar.

Artigo 21. Conceptos subvencionables

1. Serán subvencionables os seguintes conceptos:

a) Liña I-F: a reparación dos danos causados polos incendios en terreos forestais de titularidade privada nos seguintes investimentos:

Pistas forestais.

Captacións de augas (caseta en que figura a toma de auga, instalación de distribución).

Cerramentos (cancelas, colocación de postes, malla ou arame, pasos do gando).

Bebedoiros e comedeiros. No caso de que quedasen inutilizados, poderán ser substituídos por bebedoiros e comedeiros móbiles.

b) Liña II-F: os gastos de reparación dos danos causados na maquinaria e no equipamento forestal ocasionados en tarefas de colaboración nos labores de extinción de incendios forestais ou ocasionados por estes. No caso de que quedasen inutilizados, poderán ser substituídos por nova maquinaria (nova ou de segunda man).

c) Liña III-F: os gastos de extracción ou eliminación de madeira de corta comercial amoreada ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial en montes sen xestión pública na zona afectada polos lumes. Tamén serán subvencionables a corta, a recollida e o estelado da madeira queimada non comercial en pé.

Artigo 22. Cálculo das axudas

1. As axudas calcularanse tomando como referencia o importe dos investimentos elixibles que figuran no orzamento presentado de menor custo, ao cal se lle aplicará, de ser o caso, o límite máximo establecido para cada tipo de investimento segundo o anexo IV desta orde.

2. O IVE non é subvencionable.

Artigo 23. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I-F) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. As solicitudes irán dirixidas á persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural onde estea situada a infraestrutura ou explotación que sufrise danos.

3. A solicitude de axuda inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante (código de procedemento MR616C):

a) Declaración da conta para a transferencia bancaria (anexo I-F).

b) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas (anexo I-F).

c) Declaración da titularidade do terreo en que se produciron os danos (anexo III).

Artigo 24. Documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude de axuda, presentarase a seguinte documentación:

a) Nas liñas I-F e III-F, para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común, documentación xustificativa da propiedade dos terreos por propiedade ou por contrato de arrendamento. Na liña II-F, documentación xustificativa da propiedade da maquinaria e equipamento (permiso de circulación) e comprobarase a súa inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola, se fose o caso.

b) Cando se trate dun pro indiviso, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais, cooperativa agrícola ou comunidade de bens, deberase presentar o anexo II debidamente cuberto.

c) Acordo do órgano competente polo cal se aprobou a solicitude desta axuda.

d) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

e) Referencias Sixpac das parcelas afectadas polos incendios (anexo III).

f) Póliza de seguros. Porén, a presentación desta póliza non será obrigatoria cando a persoa solicitante efectúa a declaración responsable de que os bens danados para os cales solicita as axudas non están asegurados, están asegurados na súa totalidade ou están asegurados parcialmente, prevista no anexo I-F.

g) Memoria xustificativa dos danos polos cales se solicita axuda, en que deberá constar, en todo caso, a previsión de gastos e/ou investimentos para os que se solicita axuda de forma desagregada para os anos 2022 e 2023. Ademais, constará na memoria xustificativa a seguinte documentación para as liñas que se especifican a continuación:

Liña I-F.

– Pista forestal, captacións de auga, cerramentos, bebedoiros, comedeiros: informe do concello respecto da non titularidade municipal da pista forestal e, no caso de captación de augas certificación expedida polo órgano competente ou entidade da titularidade da dita captación; plano de situación e acoutado do trazado ou da localización dos investimentos polo cal se solicita a axuda; reportaxe fotográfica en que se comproben de forma fidedigna os danos nos investimentos; resumo dos danos causados e tres orzamentos de diferentes provedores no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente as melloras necesarias para reparar eses danos. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable. Quedarán excluídas as axudas ás captacións de auga instaladas de xeito superficial e sen sinalizar (sen respectar a lexislación vixente ao respecto). É dicir, a tubaxe debe instalarse a unha profundidade mínima de 70 cm, deben colocarse os fitos precisos para sinalar superficialmente a tubaxe e é necesario obter o acto de disposición correspondente no caso de atravesar montes veciñais en man común.

Liña II-F.

– Maquinaria e equipamentos de uso forestal: informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) en que se indique que a maquinaria e os equipamentos foron danados como consecuencia dun incendio forestal; resumo dos danos causados e tres orzamentos de diferentes provedores no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente as melloras necesarias para reparar eses danos. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

Liña III-F.

– Gastos da madeira amoreada queimada e de corta, recollida e estelado da madeira queimada non comercial ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial en montes sen xestión pública: plano de situación e acoutado da superficie queimada; resumo dos danos causados e tres orzamentos de diferentes provedores no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente os metros cúbicos de madeira amoreada afectada polo incendio ou madeira comercial para sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial en montes sen xestión pública, e a superficie de corta, recollida e estelado da madeira queimada. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

2. Ademais, nas liñas I-F e III-F, na memoria xustificativa farase constar se a superficie en que figuran as actuacións se atopa dentro da Rede Natura 2000. Para garantir que as actuacións toman adecuadamente en consideración os obxectivos de conservación destes lugares, e de conformidade coas directivas 92/43/CEE e 2009/147/CE, solicitaráselle de forma interna informe á autoridade competente en conservación da natureza. E, neste sentido, a aprobación da axuda estará condicionada ao contido do informe da autoridade competente nesa materia e os traballos non poderán comezar ata o seu pronunciamento e deberán ser levados a cabo nas condicións que determine. O prazo de execución dos traballos que se estableza na resolución terá en conta este aspecto.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 25. Prazo e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado será requirido para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 26. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

f) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria galega.

g) Datos relativos á inscrición no Reaga ou no Rega.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 27. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica, tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 28. Tramitación e resolución das axudas

1. As xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural instruirán os expedientes, realizarán de oficio cantas actuacións consideren necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, para o cal distribuirán as solicitudes de cada liña de axudas entre os servizos territoriais competentes. Ademais, proporán a resolución das solicitudes e o pagamento das axudas concedidas.

2. O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal ditará, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, a correspondente resolución de concesión da axuda e o seu importe previsto, segundo as normas e os criterios establecidos nestas bases, no prazo de dous meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender rexeitada a súa solicitude.

Artigo 29. Inspección previa

Os funcionarios da Consellería do Medio Rural realizarán unha inspección para comprobar o estado da madeira queimada amoreada, da queimada non comercial, das infraestruturas, bens, maquinaria, equipamentos ou medios de produción que figuren na solicitude de axuda, que se poderá realizar antes da resolución de aprobación. Os resultados das comprobacións feitas nas inspeccións previas serán comunicados aos beneficiarios das axudas.

Artigo 30. Xustificación dos traballos subvencionables

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas neste capítulo remata o día 15 de novembro de 2022 para a anualidade 2022 e o día 31 de xullo de 2023 para a anualidade 2023. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda da metade deste, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un mes antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

De conformidade co disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co disposto no artigo 3.4 do Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, no caso de efectuarse pagamentos á conta, as persoas beneficiarias quedarán exentas da obriga de constituír garantías.

2. Só serán subvencionables os gastos elixibles que se realicen e que se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) desde a data de inicio do incendio e, como límite, na data de xustificación das axudas.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos, achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da axuda.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas.

– Contía da axuda calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo IV.

c) No caso de pistas forestais, certificado final de obra emitido polo responsable da obra, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

d) Facturas e xustificantes de gasto. Os xustificantes de gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo indicando nel a axuda para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á axuda. Neste último caso reflectirase a contía exacta que resulte.

No caso de presentar fotocopias das facturas, achegarán tamén os orixinais para seren dilixenciados pola Administración, marcaraos cun selo e indicará neles a axuda para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á axuda. Neste último caso indicarase a contía exacta que resulte afectada pola axuda.

As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– Data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estean incluídos no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

e) Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación de orixinal e copia, para a súa compulsa e selaxe, dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

– Presentaranse o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser orixinal ou copia compulsada, e estará selado pola entidade bancaria.

– Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

– No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

– No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

– No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos investimentos polas distintas administracións públicas polos cales se aprobou a axuda.

Artigo 31. Certificación dos traballos

1. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final in situ, cando proceda, realizada por funcionarios da Consellería do Medio Rural.

2. Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

Artigo 32. Crédito

1. As axudas reguladas no presente capítulo financiaranse, nos exercicios 2022 e 2023, con cargo á seguinte aplicación orzamentaria:

– Liñas I-F, II-F e III-F: 14.03.713B.770.0 CP 2016 00210 (750.000 € no ano 2022 e 1.250.000 € no ano 2023), polo que o importe total asignado é de dous millóns de euros (2.000.000 €).

2. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; neste caso, o órgano concedente procederá a publicala nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. Igualmente, de existiren remanentes nalgunha das axudas obxecto desta orde, poderanse destinar a incrementar o crédito naquelas outras cuxo crédito se esgotase.

CAPÍTULO III

Convocatoria de axudas para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras

Artigo 33. Convocatoria de axudas en réxime de concorrencia non competitiva por danos para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios. Código de procedemento administrativo: MR616A

Convócanse as axudas, en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito, destinadas á reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos a explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios, de acordo coas bases do capítulo I desta orde, así como co establecido neste capítulo.

Artigo 34. Ámbito de aplicación

1. Estas axudas poderán concederse para a reposición dos bens, equipamentos, maquinaria, medios de produción, producións e gando ou colmeas danados nas explotacións agrícolas e gandeiras, e a subministración de alimentación complementaria de gando ou colmeas nas zonas afectadas polos incendios que se produciron en xullo de 2022.

2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concesión en concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito, segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 35. Liñas de axuda

1. As liñas obxecto de axuda son as seguintes:

a) Axuda para a reparación de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción das explotacións agrícolas ou gandeiras (liña I-G).

b) Axuda pola perda total ou parcial da produción agrícola das explotacións agrícolas e gandeiras (liña II-G).

c) Axuda pola morte de gando ou pola perda de colmeas das explotacións gandeiras e apícolas (liña III-G).

d) Axuda para a adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas (liña IV-G).

2. As axudas contidas neste capítulo outórganse ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícolas e forestais e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Artigo 36. Persoas beneficiarias

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, con exclusión das administracións ou entidades do sector público. No caso de danos causados á maquinaria e equipamento nos labores de extinción, as persoas beneficiarias serán as persoas físicas ou xurídicas propietarias deles, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.

2. Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar unha ou varias das catro liñas de axuda. O expediente de axudas será único.

3. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

4. As explotacións agrícolas e gandeiras deberán estar rexistradas e en estado de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e, de ser o caso, no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras e, para o caso dos animais e colmeas, consideraranse unicamente para efectos das axudas os correctamente identificados e/ou declarados.

Artigo 37. Contía da axuda e requisitos

1. A contía da axuda calcularase con base no establecido nas alíneas seguintes:

a) Liña I-G: no caso de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción danados nas explotacións agrícolas e gandeiras, o 100 % do investimento elixible, cun límite máximo de 25.000 euros.

b) Liña II-G: no caso de danos derivados da perda total ou parcial da produción agrícola, a axuda será do 100 %, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros.

c) Liña III-G: no caso de morte de gando bovino, ovino e cabrún e porcino, os importes establecidos na Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2022. No caso de morte de aves reprodutoras e poñedoras, os importes establecidos no Real decreto 823/2010, do 25 de xuño, polo que se establecen os baremos de indemnización polo sacrificio obrigatorio dos animais obxecto dos programas nacionais de control de salmonela en mandas de aves reprodutoras e poñedoras do xénero Gallus gallus, e de mandas de pavos reprodutores. No caso de morte de aves de engorda: polos de engorda, 2 euros; e pavos de engorda, 7 euros. No caso de morte de animais da especie cunícola: reprodutores, 30 euros; femias de reposición, 15 euros; cazapos lactantes, 1 euro; e cazapos de engorda, 3 euros. No caso de morte de gando equino, 300 euros se se trata de animais de máis de 24 meses, 100 euros se son animais entre 12 e 24 meses, e 60 euros no caso de animais menores de 12 meses. No caso de destrución das colmeas, 120 euros por colmea destruída. O límite máximo por persoa beneficiaria será de 20.000 euros.

d) Liña IV-G: no caso de adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas, o 100 % do custo calculado deste para un máximo de tres meses, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 3.000 euros.

2. Como requisito para as liñas de axuda I-G e IV-G, deberanse presentar tres orzamentos de diferentes provedores en que se desagreguen detalladamente e se cuantifiquen os custos das actuacións que se van realizar.

Artigo 38. Conceptos subvencionables

Serán subvencionables os seguintes conceptos:

a) Liña I-G: os gastos de reparación dos danos causados nos bens, maquinaria, equipamentos e medios de produción das explotacións agrícolas e gandeiras. No caso de que quedasen inutilizados, poderán ser substituídos por nova maquinaria (nova ou de segunda man).

b) Liña II-G: os danos sufridos na produción agrícola na campaña.

c) Liña III-G: o valor dos animais mortos ou das colmeas destruídas e queimadas como consecuencia dos incendios forestais nas zonas afectadas.

d) Liña IV-G: o valor da alimentación complementaria que hai que subministrar aos animais e colmeas superviventes nas zonas afectadas, para un período máximo de tres meses, calculado en función do número de animais ou colmeas.

Artigo 39. Cálculo das axudas

1. As axudas das liñas I-G e IV-G calcularanse tomando como referencia o importe dos investimentos elixibles que figuran no orzamento presentado de menor custo, ao cal se lle aplicará, se fose o caso, o límite máximo establecido para cada tipo de investimento segundo o anexo V.

No caso da superficie de viñedo afectada para o cálculo da axuda, tomaranse como referencia os valores dos módulos establecidos na Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viñedo en Galicia e se convocan para o ano 2022 (DOG núm. 62, do 30 de marzo).

No caso de maquinaria agrícola da liña I-G, calcularanse tomando como referencia os módulos establecidos no anexo VI (norma complementaria) da Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

Os límites máximos aplicables á maquinaria correspóndense con maquinaria nova. No caso de maquinaria de segunda man, aplicaráselles unha diminución do 60 %, mentres que no caso de reparacións a diminución será do 90 %.

2. O IVE non é subvencionable.

3. Porén, as axudas para compensar os danos sufridos na produción agrícola calcularanse con base nos valores dos prezos establecidos na liña de seguros agrarios para cada un destes produtos en vigor no momento de presentación da solicitude. Para os rendementos de produtos amparados por unha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, utilizaranse os valores máximos establecidos nos pregos destas denominacións ou indicacións xeográficas. No caso de que o produto non estea incluído en ningunha liña de seguros vixente, a axuda calcularase en función dos prezos medios deste produto segundo os índices de prezos dos organismos públicos na última campaña dispoñible. No caso de castañas e forraxes conservadas, calcularanse con base nos prezos do anexo V.

4. Así mesmo, as axudas para compensar a morte de gando bovino, ovino e cabrún e porcino calcularanse en función dos animais mortos e aplicando os baremos oficiais establecidos na Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2022. As axudas para compensar a morte de aves reprodutoras e poñedoras calcularanse con base nos animais mortos e nos importes por animal establecidos no Real decreto 823/2010, do 25 de xuño, polo que se establecen os baremos de indemnización polo sacrificio obrigatorio dos animais obxecto dos programas nacionais de control de salmonela en mandas de aves reprodutoras e poñedoras do xénero Gallus gallus, e de mandas de pavos reprodutores. No caso de morte de aves de engorda, as axudas calcularanse con base no número de animais mortos, cos seguintes importes: 2 euros por polo de engorda, e 7 euros por pavo de engorda. No caso de morte de animais da especie cunícola, as axudas calcularanse en función dos animais mortos, cos seguintes importes: reprodutores, 30 euros; femias de reposición, 15 euros; cazapos lactantes, 1 euro; e cazapos de engorda, 3 euros. No caso de morte de gando equino, a axuda calcularase con base nos animais mortos, a razón de 300 euros se se trata de animais de máis de 24 meses, 100 euros se son animais entre 12 e 24 meses, e 60 euros no caso de animais menores de 24 meses. No caso das colmeas queimadas e destruídas, as axudas calcularanse con base nas efectivamente afectadas, tomando como referencia un valor de 120 euros por colmea.

Artigo 40. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I-G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. As solicitudes irán dirixidas á persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural onde estea situada a infraestrutura ou explotación que sufrise danos.

3. A solicitude de axuda inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante (código de procedemento MR616A):

a) Declaración da conta para a transferencia bancaria (anexo I-G).

b) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas (anexo I-G).

c) Declaración da titularidade do terreo en que se produciron os danos (anexo III).

Artigo 41. Documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude de axuda, presentarase a seguinte documentación:

a) Na liñas I-G, documentación xustificativa da propiedade da maquinaria e equipamento (permiso de circulación) e comprobarase a súa inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola, se fose o caso.

b) Cando se trate dunha cooperativa agrícola ou comunidade de bens, deberase presentar o anexo II debidamente cuberto.

c) Acordo do órgano competente polo cal se aprobou a solicitude desta axuda, de ser o caso.

d) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

e) Referencias Sixpac das parcelas afectadas polos incendios (anexo III).

f) Póliza de seguros. Porén, a presentación desta póliza non será obrigatoria cando a persoa solicitante efectúe a declaración responsable de que os bens danados para os cales solicita as axudas non están asegurados, están asegurados na súa totalidade ou están asegurados parcialmente, prevista no anexo I-G.

g) Memoria xustificativa dos danos polos cales se solicita, na cal deberá constar, en todo caso, a previsión de gastos e/ou investimentos para os que se solicita a axuda de forma desagregada para os anos 2022 e 2023. Ademais, constará na memoria xustificativa a seguinte documentación para as liñas que se especifican continuación:

Liña I-G.

Bens, maquinaria e equipamentos de explotacións agrícolas e gandeiras: informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) en que se indique que os bens, a maquinaria, os equipamentos ou os medios de produción foron danados como consecuencia dun incendio forestal; resumo dos danos causados e tres orzamentos de diferentes provedores no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente as melloras necesarias para reparar eses danos. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

Liña II-G.

Danos sufridos na produción agrícola: informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) no cal se indique que as producións foron danadas como consecuencia dun incendio forestal. Resumo dos danos causados.

Liña III-G.

Gando e colmeas mortas: detalle dos animais ou das colmeas afectados, coa súa identificación, idades e/ou categoría dos animais e concreción dos lugares en que se atopaban no momento da morte, así como código de identificación da explotación rexistrada. Informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) en que se indique que o gando ou as colmeas morreron como consecuencia dun incendio forestal. De ser o caso, documento de recollida do cadáver por parte da empresa autorizada, ou calquera outra documentación que acredite a morte dos animais.

Liña IV-G.

Alimentación complementaria de gando ou colmeas: descrición detallada do número de animais ou colmeas afectados, así como da súa localización; informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) en que se indique que os terreos en que se atopaban o gando ou as colmeas estiveron afectados como consecuencia dun incendio forestal; xustificación da necesidade de proporcionar alimentación complementaria; cálculo desagregado do volume de alimento necesario, en función do número de animais ou colmeas, para un período de tres meses; tres orzamentos de diferentes provedores en que se desagreguen detallada e cuantificadamente as ofertas presentadas para proporcionar o alimento sinalado. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

h) No caso de tractores ou máquinas automotrices, copia do permiso de circulación. A maquinaria agrícola e forestal debe estar inscrita no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA), cando sexa de inscrición obrigatoria, conforme o Real decreto 1013/2009, do 19 de xuño, sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 42. Prazo e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado será requirido para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 43. Comprobación de datos

1. Ademais da comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4 desta orde, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Datos relativos á inscrición no Reaga ou no Rega.

e) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria galega.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 44. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica, tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 45. Tramitación e resolución das axudas

1. As xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural instruirán os expedientes realizarán de oficio cantas actuacións consideren necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, para o cal distribuirán as solicitudes de cada liña de axudas nos servizos territoriais competentes. Ademais, proporán a resolución das solicitudes e o pagamento das axudas concedidas.

2. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias ditará, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, a correspondente resolución de concesión da axuda e o seu importe previsto, segundo as normas e os criterios establecidos nestas bases, no prazo de dous meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender rexeitada a súa solicitude.

Artigo 46. Inspección previa

Os funcionarios da Consellería do Medio Rural realizarán unha inspección para comprobar o estado das infraestruturas, bens, maquinaria, equipamentos ou medios de produción que figuren na solicitude de axuda, ou ben para comprobar as perdas de produción ou as necesidades de alimentación, que se poderá realizar antes da resolución de aprobación. Os resultados das comprobacións feitas nas inspeccións previas serán comunicados aos beneficiarios das axudas.

Artigo 47. Xustificación dos traballos subvencionables

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas neste capítulo remata o día 15 de novembro de 2022 para a anualidade 2022 e o día 28 de abril de 2023 para a anualidade 2023. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda da metade deste, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un mes antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

De conformidade co disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co disposto no artigo 3.4 do Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, no caso de efectuarse pagamentos á conta, as persoas beneficiarias quedarán exentas da obriga de constituír garantías.

2. Só serán subvencionables os gastos elixibles que se realicen e que se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) desde a data de inicio do incendio e, como límite, na data de xustificación das axudas.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos, achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da axuda.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas.

– Contía da axuda calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo V.

c) Facturas e xustificantes de gasto. Os xustificantes de gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo indicando nel a axuda para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á axuda. Neste último caso, reflectirase a contía exacta que resulte.

No caso de presentar fotocopias das facturas, achegaranse tamén os orixinais para seren dilixenciados pola Administración, marcaraos cun selo e indicará neles a axuda para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á axuda. Neste último caso, indicarase a contía exacta que resulte afectada pola axuda.

As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– Data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

d) Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación de orixinal e copia, para a súa compulsa e selaxe, dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

– Presentarán o xustificante bancario do pagamento o beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser orixinal ou copia compulsada, e estará selado pola entidade bancaria.

– Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

– No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

– No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

– No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

e) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos investimentos polas distintas administracións públicas polos cales se aprobou a axuda.

4. No caso de perdas de produción agrícola, a xustificación farase mediante a presentación de documentación acreditativa das correspondentes cantidades producidas e prezos medios cobrados nas tres campañas anteriores. Será suficiente para tramitar o pagamento o informe favorable da xefatura territorial correspondente, tras as comprobacións oportunas.

5. No caso do gando morto ou das colmeas destruídas, non será necesario presentar ningún documento xustificativo; será suficiente para tramitar o pagamento o informe favorable da xefatura territorial correspondente, tras as comprobacións oportunas.

6. No caso de alimentación complementaria ao gando ou ás colmeas, para a xustificación será suficiente a presentación das facturas e xustificantes de gasto.

Artigo 48. Certificación dos traballos

1. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final in situ, cando proceda, realizada por funcionarios da Consellería do Medio Rural.

2. Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

Artigo 49. Crédito

1. As axudas reguladas no presente capítulo financiaranse, nos exercicios 2022 e 2023, con cargo á seguinte aplicación orzamentaria:

– Liñas I-G, II-G, III-G e IV-G: 14.04.712B.772.0 CP 2010.01153 (1.500.000 € no ano 2022 e 500.000 € no ano 2023), polo que o importe total asignado é de dous millóns de euros (2.000.000 €).

2. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; neste caso, o órgano concedente procederá a publicala nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. Igualmente, de existiren remanentes nalgunha das axudas obxecto desta orde, poderanse destinar a incrementar o crédito naquelas outras cuxo crédito se esgotase.

Disposición adicional única. Publicidade na Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitacións

1. O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal ditará as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nas bases desta convocatoria, no que respecta ás axudas á reposición de explotacións forestais.

2. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias ditará as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nas bases desta convocatoria, no que respecta ás axudas á reposición de explotacións agrícolas e gandeiras.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Investimento

Límite máximo

Arranxo de pista forestal

2.956,07 €/km

Captacións de augas (incluída toma e edificación)

2.000,00 €/km

Peches (colocación de postes, malla, pasos do gando)

7.580,00 €/km

Bebedoiros e comedeiros portátiles

1.200,00 €/ud.

Bebedoiros e comedeiros obra civil

500,00 €/ud.

Tractor

15.000,00

Fresadora e arado

4.000,00 €/ud.

Rolo

1.800,00 €/ud.

Grade de discos

7.000,00 €/ud.

Rozadora

5.000,00 €/ud.

Rozadora de man

500,00 €/ud.

Cisterna de xurro

6.000,00 €/ud.

Eliminación de madeira non comercial afectada polo incendio (apeo, tronzado, amoreado e estelado)

1.000 €/ha

Extracción ou eliminación de madeira de corta comercial amoreada afectada por incendio forestal

20 €/m3

Traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial en montes sen xestión pública

0,14 €/m3

Os límites máximos aplicables á maquinaria correspóndense con maquinaria nova. No caso de maquinaria de segunda man, aplicaráselles unha diminución do 60 %, mentres que no caso de reparacións a diminución será do 90 %.

ANEXO V

Módulos da liña II-G

Prezos unitarios

€/100 kg

Castaña

91

Forraxes

a)

b)

c)

Herba seca

6,00

euros/100 kg

Paca 90×100×120 (200 kg)

17,28

21,6

€/ud.

Paca 80×40×40 (20 kg)

1,728

2,16

€/ud.

Paca 80×40×40 (50 kg)

4,32

5,4

€/ud.

Forraxe verde

1,00

euros/100 kg

Rolo D-1,35 (700-800 kg)

12,8

14,5

€/ud.

Rolo D-1,25 (600-700 kg)

10,36

11,7

€/ud.

Produción de palla de cereais

4,40

euros/100 kg

Paca 90×100×120 (200 kg)

15,50

18,8

€/ud.

Paca 80×40×40 (20 kg)

1,550

1,88

€/ud.

Paca 80×40×40 (50 kg)

4,50

5,64

€/ud.

Millo forraxeiro en verde

3,80

euros/100 kg

Rolo D-1,35

38,8

45,5

€/ud.

Rolo D-1,25

32,16

40,7

€/ud.

Produción de pastos

1,0

euros/100 m2

a)

A pé de campo

10 %

do prezo

b)

En campo empacada

60 %

do prezo

c)

No transporte ou almacenada

100 %

do prezo