Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 41931

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados dos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, segundo o Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento IG100A).

BDNS (Identif.): 641575.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen os danos derivados directamente dos incendios ou da súa extinción.

Segundo. Obxecto

As axudas outorgaranse de forma directa por mor do interese público, social e humanitario derivados das excepcionais circunstancias que concorren neste caso, e concederanse nos termos e condicións que se establecen nas bases, amparadas no previsto na sección 8 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, relativa ás axudas destinadas a reparar os prexuízos causados por determinados desastres naturais.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados dos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, segundo o Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento IG100A).

Cuarto. Importe

O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.741A.7701 por un importe de 1.000.000 € con cargo ao ano 2022.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Econímica