Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 41733

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade da addenda ao acordo de colaboración coa entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións precisas para a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

De conformidade co previsto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á addenda do 14 de xuño de 2022 ao acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións precisas para a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Actividade: a execución do proxecto de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Natureza e alcance da addenda ao acordo de colaboración: a encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: a eficacia da addenda ao acordo de colaboración para a xestión das actuacións precisas para realizar a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) estenderase ata o 30 de setembro de 2022.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo