Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42173

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 29 de xullo de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 10 de maio de 2022 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2022.

BDNS (Identif.): 626673.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro:

1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas á apicultura convocadas para o ano 2022, de acordo coa Orde do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio), increméntase no importe de sesenta e nove mil trescentos vinte e catro euros con oitenta céntimos (69.324,80 €) na aplicación orzamentaria 14.04.713E.770.2.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A ampliación prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 10 de maio de 2022.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural