Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42245

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 29 de setembro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN421W), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022.

Os programas de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos (en diante, programas 1, 2 e 3) están regulados polo Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, e foron convocados en Galicia pola Resolución do Inega do 29 de setembro de 2021, publicada no DOG número 193, do 6 de outubro.

A Resolución do Inega do 29 de setembro de 2021 pola que se convocan os programas 1, 2 e 3 en Galicia, foi modificada pola Resolución do 9 de febreiro de 2022 coa finalidade de adaptarse ás exixencias e requisitos exixidos na Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e a Orde HFP 1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deberán proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 234, do 30 de setembro de 2021).

O Real decreto 477/2021 foi modificado polo Real decreto 377/2022, do 17 de maio, coa finalidade, entre outras, de ampliar a tipoloxía de beneficiarios das axudas dos programas de incentivos vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxía renovable, así como á implantación de sistemas térmicos renovables no sector residencial.

En canto á posibilidade de ampliar o orzamento previsto no Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, o anexo V do citado real decreto distribúe o orzamento entre as diferentes comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla. Este poderá ser ampliado para as comunidades autónomas que así o soliciten e conten cun grao de execución adecuado e con solicitudes en lista de espera, como é o caso de Galicia.

De acordo con isto, a Xunta de Galicia solicitou unha ampliación do orzamento asignado aos programas previstos no Real decreto 477/2021, do 29 de xuño. Conforme o recollido no punto primeiro da Resolución do 10 de xuño de 2022, da presidenta da EPE Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía MP (IDAE), pola que se amplía o orzamento do Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, apróbase a ampliación de 39.163.367 euros para asignar á Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 4.1 da convocatoria establece: «1. As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega (...) financiaranse con fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 19.807.118,00 euros». O artigo 4.2 da convocatoria recolle a posibilidade, dentro de cada programa, de redistribuír os orzamentos por tecnoloxías renovables, transcorridos tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse á evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes. Ademais, o artigo 4.3 da convocatoria prevé a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación das solicitudes que resulte da aplicación dos criterios fixados nas bases que rexen a convocatoria. Conforme o establecido no artigo 4.3, de producirse a ampliación do crédito, publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

Por todo o anterior, sobre a base dos requisitos e condicións previstos na normativa anteriormente citada,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar e redistribuír por anualidades os fondos destinados aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, modificando os números 1 e 2 do artigo 4 da Resolución do 29 de setembro de 2021, que quedará redactado do seguinte xeito:

«1. As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa financiaranse con fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 39.614.236,00 euros.

Importe 2021 (€)

Importe 2022 (€)

Importe 2023 (€)

Importe 2024 (€)

Importe total (€)

1.442.476,00

15.141.563,00

17.260.934,00

5.769.263,00

39.614.236,00

O orzamento por partida e anualidade redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 06.A3.733A.770.7, 06.A3.733A.781.7, 06.A3.733A.740.0 e 06.A3.733A.760.8.

2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de programa e compoñente será o seguinte:

Estrutura por programas.

Tipo de actuación

Distribución por tecnoloxía

Orzamento ampliado

Programa de incentivos 1

Fotovoltaica

10.912.473,00

Programa de incentivos 1

Eólica

279.807,00

Programa de incentivos 2

Fotovoltaica

22.633.156,65

Programa de incentivos 2

Eólica

580.337,35

Programa de incentivos 3

Almacenamento

5.208.462,00

Estrutura por compoñentes.

Tipo de actuación

Compoñente

Orzamento ampliado

Programa de incentivos 1

Compoñente 7

9.093.727,50

11.192.280,00

Solar

Compoñente 8

1.818.745,50

Programa de incentivos 1

Compoñente 7

233.172,50

Eólica

Compoñente 8

46.634,50

Programa de incentivos 2

Compoñente 7

19.570.207,80

23.213.494,00

Solar

Compoñente 8

3.062.948,85

Programa de incentivos 2

Compoñente 7

501.800,20

Eólica

Compoñente 8

78.537,15

Programa de incentivos 3

Compoñente 8

5.208.462,00

5.208.462,00

Esta repartición orzamentaria non poderá modificarse entre programas nin entre as categorías de autoconsumo renovable ou almacenamento, sen prexuízo das ampliacións do orzamento que poderían acordarse para cada programa ou categoría, segundo o disposto no artigo 10.10 das bases reguladoras.

Non obstante, dentro de cada programa, poderán ser redistribuídos os orzamentos por tecnoloxía renovable (recollidos nas táboas anteriores) pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse á evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes».

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.gal), para os efectos previstos no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2022

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia