Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, procedemento abreviado 178/2022 P.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, tramítase o recurso 178/2022 P (procedemento abreviado), interposto por Iván Guimarey Gómez fronte á desestimación presunta do recurso de reposición do 12 de maio de 2021, interposto contra a Resolución do 20 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 79, do 28 de abril) (categoría: grupo auxiliar da función administrativa).

O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe «outras actividades».

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos