Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 20 de xullo de 2022 polo que se acorda deixar aberto, durante un período de tres meses, o procedemento de alleamento en poxa pública para a venda de determinados inmobles.

De conformidade co artigo 72 do Regulamento de patrimonio de Galicia, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, por medio dunha resolución do director do Instituto Galego de Promoción Económica, do 11.7.2022, acordouse deixar aberto, durante un período de tres meses, o procedemento para recadar ofertas para vender en cuarta poxa os inmobles que se describen a seguir:

– Nave sita en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)-Pontevedra.

Natureza do predio: nave industrial.

Datos rexistrais: predio rexistral nº 14.661. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa: tomo 891, libro 309, folio 67, alta 20. Idufir: 360210001025248. Municipio: Vilagarcía de Arousa. Natureza do predio: urbana, nave industrial, obra nova terminada. Cota de participación: 100 %.

Localización: rúa Veiga do Mar, nº 39 (Vilaxoán) Vilagarcía de Arousa. Código postal 36611.

Superficie: 13.219 m2. Superficie construída: 2.971,29 m2.

Lindeiros: norte, camiño; sur, herdeiros de Alfonso Ozores; leste, Ramón Tourís; e oeste, Praia mar.

Descrición: terreo en que existen dúas naves:

• Unha nave de superficie de 1.631,29 m2.

• Unha nave de superficie de 1.300 m2.

• Unha casiña duns 40 m2, de planta baixa e

• Un transformador.

Prezo límite: 309.037,50 €.

– Nave sita en Sisán (Ribadumia)-Pontevedra.

Natureza do predio: nave industrial.

Datos rexistrais: predio rexistral nº 8.087. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Cambados: tomo 1.339, libro 96, folio 126, alta 3. Idufir: 36013000343904. Municipio: Ribadumia. Natureza do predio: solo rústico común e solo rústico de especial protección, afectado por zona de fluxo preferente: edificio. Cota de participación: 100 %.

Localización: rúa Tabueiros, nº 1, Ribadumia. Código postal 36336.

Superficie: 8.692 m2. Superficie construída: 2.077 m2.

Lindeiros: norte, río Umia; sur, estrada de Vilagarcía de Arousa a Gondar; leste, Marisol Padín; e oeste, camiño ao río.

Descrición: edificio sito no lugar da Barca ou As Estacas, destinado a viñedo, inculto, penedal, labradío e edificios integrados por unha casa-habitación de planta baixa e piso alto e unha nave de forma rectangular sobre a que se construíron as seguintes edificacións:

• Un edificio destinado a comedor, de planta baixa, de superficie de 150 m2.

• Un edificio destinado en parte a fábrica e almacén, de planta baixa, de 1.110 m2 a fábrica e 678 m2 o almacén, e noutra parte oficinas, en dous niveis, o baixo de 52 m2 e o piso de 87 m2.

Prezo límite: 156.310,81 €.

– Conxunto de naves industriais sita en Lugo.

Natureza do predio: conxunto de naves industriais.

Datos rexistrais: predio rexistral 104.120, inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo, tomo 1552, libro 1113, folio 152.

Localización: lugar Barcia, polígono 342, parcela 421, Santalla de Mazoi, Lugo. Código postal 27290.

Superficie terreo: 26.837 m2.

Superficie construída 5.759 m2.

Prezo límite: 122.647,50 €.

– Nave industrial sita en Lalín.

Natureza do predio: nave no polígono industrial de Botos (Lalín).

Datos rexistrais: predio rexistral 36.338, Rexistro da Propiedade de Lalín, tomo 755, libro 259, folio 3.

Localización: polígono industrial de Botos, nº 6, Lalín. Código postal 36519.

Lindeiros: norte, rúa Polígono e Metaldeza, S.A.; sur, rúa Polígono e Piensos Severino; leste, rúa Polígono; e oeste, Prefabricados Deza, S.A.

Superficie terreo: 10.252 m2.

Superficie construída: 9.248 m2; consistente nunha edificación industrial dividida interiormente en dez naves de uso individualizado, distribuída en tres plantas:

a) Planta de soto: 841 m2 de superficie construída.

b) Planta baixa: 8.227,65 m2 de superficie construída.

c) Planta alta: 179 m2 de superficie construída.

Prezo límite: 669.545,95 €.

Durante o prazo de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, calquera interesado poderá presentar unha proposta de compra por escrito sobre calquera dos bens inmobles relacionados anteriormente, e polo prezo que o interesado determine, sempre e cando iguale ou supere o prezo límite fixado para cada un.

As ofertas presentaranse por escrito, deberán recoller o nome, DNI, domicilio e teléfono de contacto e deberán ir acompañadas do xustificante acreditativo do depósito do 25 % do prezo ofrecido mediante ingreso en metálico na conta que o Igape mantén aberta na entidade BBVA núm. ES83 2080 0388 2731 1000 0584. Para tal fin, achegarase coa oferta unha copia do xustificante bancario que acredite a constitución da devandita fianza. No caso de estaren interesados en varios inmobles, será preciso presentar un xustificante por cada un dos inmobles propostos para a compra.

As ofertas que conteñan unha proposta económica inferior ao establecido no punto anterior serán rexeitadas.

Poderán presentar proposicións todas as persoas, físicas e xurídicas, que teñan capacidade para contratar e, en particular, para celebrar o contrato de compravenda segundo as normas contidas no Código civil. Non poderán ser adquirentes as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, así como as que incorresen nos supostos previstos na normativa sobre incompatibilidades. O adxudicatario comprométese a ter estas condicións como parte integrante da venda e escritura que, como consecuencia, terá que formalizarse no seu día.

A documentación deberá presentarse no Rexistro do Igape situado no Edificio Administrativo Igape, San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixida á Xerencia do Igape (Edificio Administrativo Igape, San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela).

Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que non alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante da Caixa Xeral de Depósitos e aquelas con condicións ou que de forma clara non permitan determinar a oferta de compra.

Transcorrido o prazo de recepción de propostas, anunciarase unha nova poxa pública, cuxo prezo base de licitación será o da mellor oferta presentada. Con anterioridade á poxa, procederase á devolución dos depósitos constituídos para garantir as ofertas de cantidades inferiores a que sirva de tipo para a nova poxa.

As condicións da adquisición que rexerán na cuarta poxa pública que teña lugar, de ser o caso, na cal poderá tomar parte calquera interesado aínda que non presentase ningunha solicitude dentro deste período de tres meses, serán as recollidas no prego de condicións que estarán á disposición dos interesados na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (https://www.igape.gal/images/05-mais-igape/05-04-quensomos-transparencia/19-7-22_bases_4%C2%BA_poxa_a%CC%81_alza.pdf). No anuncio da cuarta poxa especificaranse para cada inmoble os datos de prezo base da poxa, os tramos da poxa e o prezo do anuncio que proceda, de ser o caso.

A oferta que sirva de tipo para a poxa producirá plenos efectos aínda que o ofertante non compareza no acto de celebración daquela, polo que se o ben lle fose adxudicado perderá o depósito no caso de que non efectuase o pagamento do prezo total dentro do prazo establecido no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de patrimonio de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica