Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42526

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 19 de xullo de 2022 pola que se publican os premios á excelencia académica para o estudantado que inicia estudos de grao no curso académico 2022/23.

BDNS (Identif.): 639958.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado por primeira vez en estudos de grao en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría en Ourense, Enfermaría en Pontevedra e Enfermaría no Meixoeiro) no curso 2022/23.

Segundo. Obxecto

Os premios teñen por obxecto incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que teñan acadado un relevante éxito nas distintas fases das Olimpíadas Científicas.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 19 de xullo de 2022 pola que se publican os premios á excelencia académica para estudantado que inicia estudos de grao no curso académico 2022/23.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de trinta e seis mil euros (36.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 20 de xullo ata o 30 de setembro de 2022.

Vigo, 19 de xullo de 2022

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 26.5.2020; DOG do 4 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade