Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42524

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022 pola que se notifican as resolucións do presidente do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas ás asignacións e denegacións complementarias de dereitos de pagamento básico da reserva nacional das campañas 2019 e 2021.

Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de pagamento básico procedentes da reserva nacional da campaña 2021, no marco establecido polo Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos do réxime de pagamento básico da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural, do 15 de xaneiro de 2021, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 23 a 27 do Real decreto 1076/2014, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional, e deu traslado dos expedientes á persoa titular da presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.

De acordo co disposto no artigo 27.1 de devandito Real decreto 1076/2014, a persoa titular da presidencia do FEGA comunicou ao Fogga para a súa notificación ás persoas solicitantes a resolución sobre a asignación de solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

Así mesmo, tras a análise das diferentes casuísticas na asignación de dereitos non resoltas ata a data, notifícanse as resolucións de asignación de dereitos da reserva nacional pendentes da campaña regulada na Orde da Consellería do Medio Rural, do 22 de xaneiro de 2019, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Conforme co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico), a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA, de asignación e denegación complementaria de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2021 e a notificación das resolucións de asignación pendentes da campaña 2019.

Segundo. Contra a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria