Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42486

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación INFIAR.

Examinado o expediente de declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación INFIAR, dítase esta resolución baseada nos feitos e fundamentos de dereito que se expoñen a continuación:

Feitos:

1. O 5 de outubro de 2021, Mercedes Salmonte Couso, vicepresidenta do padroado da Fundación, presentou solicitude de clasificación, declaración de interese galego e a súa correspondente inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación INFIAR constituírona Alberto Tizón Martín e Mercedes Salmonte Couso no seu propio nome e dereito; e as entidades Fauna Útil, S.L., representada por María López Burgos; Nortempo, Empresa de Trabajo Temporal, S.L., representada por Bartolomé Pidal Diéguez; Panadería da Cunha, S.L., representada por Manuel da Cunha Pereira; Serviguide, S.L., representada por Ana María González Sánchez; Arofa, S.L., representada por Jesús Quinta García; Ramiro Arnedo, S.A., representada por Mercedes Salmonte Couso; Alibos Galicia, S.L., representada por Jesús Quintá García; e Somozas Valorización de Lodos Biogás, S.L, representada por Santiago José Aguilar Freire, mediante escritura pública outorgada en Teo (A Coruña) o 15 de xullo de 2021, ante o notario Carlos Sebastián Lapido Alonso, co número de protocolo 1.102.

Logo de requirimento do 9 de novembro de 2021 do Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas desta Secretaría Xeral Técnica, o 21 de febreiro de 2022 achegan unha dilixencia de rectificación da escritura anterior, outorgada o 18 de febreiro de 2022, ante o mesmo notario, na cal emendan o solicitado no dito requirimento.

3. A Fundación, consonte o artigo 5 dos seus estatutos, ten por obxecto «impulsar a investigación e a innovación das actividades produtivas e o aproveitamento dos recursos no medio rural, para promover a súa autosuficiencia nun entorno de economía circular, incremento da produción sustentable e prevención do cambio climático que xeren novas oportunidades de creación de empresas e emprego, contribuíndo a mellorar as condicións de vida e a equiparar o acceso os servizos para a poboación nas zonas desfavorecidas».

4. Na escritura de constitución da Fundación constan os puntos relativos á identificación das persoas fundadoras; a súa capacidade e vontade de constituíla como de interese galego, conforme os preceptos da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, a dotación, os seus estatutos, e a composición do padroado inicial.

5. Nos estatutos da Fundación consta a súa denominación e natureza; a súa finalidade e as principais actividades para o seu cumprimento; o seu domicilio e ámbito de actuación; as regras para a aplicación dos recursos para cumprir os fins fundacionais e para a determinación das persoas beneficiarias; a composición e as normas de funcionamento do padroado; e as causas de disolución e o destino dos bens e dereitos resultantes da súa liquidación.

6. O padroado inicial da Fundación está formado pola entidade Somozas Valorización de Lodos Biogás, S.L., representada por Santiago José Aguilar Freire, como presidenta; Mercedes Salmonte Couso, como vicepresidenta; Alberto Tizón Martín, como secretario; e as entidades Fauna Útil, S.L., representada por María López Burgos; Alibos Galicia, S.L., representada por Jesús Quintá García; Arofa, S.L., representada por Domingo Arotzarena Martín; Panadería da Cunha, S.L., representada por Manuel da Cunha Pereira; Ramiro Arnedo, S.A., representada por Julián Arnedo Díez; Nortempo Empresa de Trabajo Temporal, S.L., representada por Bartolomé Pidal Diéguez; e Serviguide, S.L., representada por Alejandro Castro Moral, como vogais.

7. A comisión integrada polos secretarios xerais técnicos de todas as consellerías elevoulle ao vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, proposta de clasificación como mixta da Fundación INFIAR, consonte os seus fins fundacionais, polo que, cumprindo os requisitos exixidos na Lei 12/2006 e de conformidade co establecido nos artigos 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, o protectorado da Fundación será exercido pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

8. De conformidade con esta proposta, mediante a Orde do 8 de xullo de 2022, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, clasificouse como mixta a Fundación INFIAR e adscribiuse a esta mesma Vicepresidencia para os efectos do exercicio das funcións de protectorado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 7.2 do Decreto 15/2009 en relación co Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, correspóndelle a esta Vicepresidencia a declaración de interese galego mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación INFIAR, así como o exercicio das funcións de protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia de conformidade co indicado no dito regulamento.

Terceiro. Á vista do disposto na Lei 12/2006, e nos decretos 14/2009 e 15/2009, e logo da emisión do regulamentario informe de idoneidade dos fins e de adecuación e suficiencia da dotación, resultan cumpridos os requisitos establecidos pola normativa vixente para a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación INFIAR, polo que

RESOLVO:

1. Declarar de interese galego a Fundación INFIAR.

2. Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

3. Esta fundación queda sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego; ao Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego; e ao Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, así como á demais normativa que resulte de aplicación, onde se establecen especialmente as obrigas de dar publicidade suficiente do seu obxecto e actividades; a ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos; así como a presentación anual da documentación contable e plan de actuación ante o protectorado, que será exercido por esta Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer un recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022

Elena Muñoz Fonteriz
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes