Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42667

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da aplicación 11.04.322C.470.6, prevista na Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 30 de decembro de 2021).

Primeiro. A Orde do 28 de decembro de 2021, para a promoción e consolidación do emprego autónomo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, prevé o seu financiamento a través das seguintes aplicacións:

a) Aplicación orzamentaria 11.04.322C 472.0, código de proxecto 2022 00089, cun crédito de 12.000.000 de euros.

b) Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.6, código de proxecto 2017 00021, cun crédito de 500.000 euros.

Segundo. O artigo 4 da Orde do 28 de decembro de 2021 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da entón Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Terceiro. A Orde do 28 de decembro de 2021 establece no seu artigo 4.3 que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional á porcentaxe de paro rexistrado en cada provincia en 31 de decembro de 2020, segundo os datos rexistrados no Servizo Público de Emprego de Galicia. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade o de presentación en cada ámbito provincial.

Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou, de acordo co previsto no artigo 8 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entres dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.6, código de proxecto 2017 00021, ao abeiro da Orde do 28 de decembro 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, e da repartición provincial da contía con base no paro rexistrado en 31 de decembro de 2020:

Provincia da Coruña: correspóndelle unha contía de 200.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito foi a TR341D-2022-649-01, presentada na sede electrónica, nos termos recollidos no punto 8 do artigo 15 da convocatoria, o día 3 de maio de 2022 ás 17.22 horas.

Provincia de Lugo: correspóndelle unha contía de 50.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito foi o expediente TR341D-2022-334-2, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 8 do artigo 15 da convocatoria o día 1 de marzo de 2022 ás 12.53 horas.

Provincia de Ourense: correspóndelle unha contía de 55.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito foi a TR341D-2022-434-3, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 8 do artigo 15 da convocatoria o día 20 de abril de 2022 ás 12.53 horas.

Provincia de Pontevedra: correspóndelle unha contía de 195.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito foi a TR341D-2022-1434-05, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 8 do artigo 15 da convocatoria o día 26 de abril de 2022 ás 11.42 horas.

Dado que na aplicación orzamentaria 11.04.322C 472.0, código de proxecto 2022 0089, existe crédito dispoñible, e que o crédito da dita aplicación se encadra no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, resolveranse as solicitudes segundo o disposto na Orde do 28 de decembro 2021, e tendo en conta as directrices da Orde TES/897/2021, do 19 de agosto, pola que se distribúen territorialmente para o exercicio económico de 2021, para a súa xestión polas comunidades autónomas con competencias asumidas no ámbito laboral, créditos financiados co Mecanismo de recuperación e resiliencia, destinados á execución de proxectos de investimento «Plan nacional de competencias dixitais» e «Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo», recollidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que sinala no artigo 2.5 que: «A xestión dos programas en cada un dos investimentos atenderá ao custo unitario validado pola Intervención Xeral do Estado (IXAE), e que será o módulo de referencia para a xustificación do gasto, segundo o indicado no anexo III»; o anexo III establece como custo unitario para os investimentos do compoñente 23: Emprendemento e microempresas o importe máximo de 5.000 €.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2022

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social