Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle do reaxuste de aliñacións da parcela A-3 da UEI-6 Bosque Desamparados.

Pola Resolución da Alcaldía do 22 de xuño de 2022, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para reaxuste de aliñacións da parcela A-3 da UEI-6 Bosque Desamparados, presentado por Carolina Couselo Fariña en Xunta de Compensación da UEI-6 e redactado pola arquitecta Carolina Couselo Fariña, asinado dixitalmente o 2 de febreiro de 2022.

Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións nese prazo.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (http://sede.vilagarcia.gal).

Vilagarcía de Arousa, 5 de xullo de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde