Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42744

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo do Val

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de consolidación de emprego temporal da oferta de emprego público 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 160, do 14 de xullo de 2022, publicáronse as bases para a cobertura dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL), consolidación de emprego temporal da oferta pública de emprego (OPE) 2021, polo sistema de concurso-oposición libre.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, do 6 de xullo de 2022, convocouse o proceso selectivo para a cobertura da seguinte praza da OPE de consolidación de emprego do Concello de Castrelo do Val para 2021, que a seguir se sinala:

Persoal laboral fixo:

Grupo: A2.

Escala: Administración especial.

Subescala: técnica.

Vacantes: unha (1).

Denominación: axente de emprego e desenvolvemento local.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.

Castrelo do Val, 14 de xullo de 2022

Vicente Gómez García
Alcalde