Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 22 de xullo de 2022 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do procedemento de reintegro do expediente 806/15/2020/050040/01.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a persoa interesada a resolución do procedemento de reintegro do importe das axudas das cales foi beneficiaria, por resultaren infrutuosos os diferentes intentos realizados por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), sita na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

0806/15/2020/050040/01

79311838H

Resolución de procedemento de reintegro