Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42902

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO referente á convocatoria para prover sete prazas de auxiliar de axuda no fogar.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 171, do 28 de xullo de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Sete prazas de auxiliar de axuda no fogar, pertencentes ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala Servizos especiais-Servizos sociais comunitarios básicos, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 28 de xullo de 2022

Felipe Labrada Reija
Alcalde