Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 26 de xullo de 2022, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 36R001-871-2021.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se poidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse, previa cita, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 36071, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de xullo de 2022

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R001-871-2021.

CIF/NIF: B-36565166.

Acto notificado: comunicación de reclamación e proposta de mediación.