Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43079

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso para a provisión por concurso, entre persoal funcionario de carreira, de tres postos de administrativo/a da Administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 124, do 1 de xullo de 2022, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión de tres postos vacantes de administrativo/a da Administración xeral recollidos na relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Fene, mediante concurso.

A presentación de solicitudes de participación realizarase no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Fene, 1 de xullo de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde