Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a cobertura, en quenda de promoción interna, dunha vacante de chofer condutor/a incluída na oferta pública de emprego de 2019.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 124, do 1 de xullo de 2022, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza vacante de chofer condutor/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, en quenda de promoción interna, mediante concurso-oposición.

A presentación das solicitudes de participación realizarase no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Fene, 1 de xullo de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde