Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43304

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, mediante concurso de méritos, dun posto de funcionario/a de arquitecto/a técnico/a por provisión ou mobilidade interadministrativa.

As bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir, mediante concurso de méritos, un posto de funcionario/a de arquitecto/a técnico/a por provisión ou mobilidade interadministrativa do Concello de Gondomar, publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 128, do 6 de xullo de 2022:

• 1 posto de funcionario de arquitecto/a técnico/a, encadrado dentro da subescala técnica, clase media, da escala de Administración especial, pertencente ao grupo A, subgrupo A2, mediante concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases de selección, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Gondomar, 6 de xullo de 2022

Juan F. Ferreira González
Alcalde