Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico/a coordinador do Concello da Laracha.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 138, do 21 de xullo de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a cobertura en propiedade, mediante o sistema de concurso oposición libre, da praza de arquitecto/a técnico/a coordinador do Concello da Laracha.

O prazo de presentación de solicitudes será de (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Laracha, 4 de agosto de 2022

José Manuel López Varela
Alcalde