Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da modificación do acordo de aprobación da oferta de emprego público correspondente ao ano 2022.

Con data do 8 de xullo de 2022, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vilanova de Arousa acordou modificar o seu Acordo do 23 de xuño de 2022 en que se aprobou a oferta de emprego público correspondente ao ano 2022, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 135, correspondente ao día 15 de xullo de 2022, no senso de rectificar o anexo do devandito acordo en relación coa denominación do posto de traballo de persoal funcionario de «asistente social», que se substitúe pola de «traballador/a social».

Vilanova de Arousa, 15 de xullo de 2022

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde