Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43391

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IG410A).

Mediante a Resolución do 29 de novembro de 2021 (DOG nº 236, do 10 de decembro) publicáronse as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia e realizouse a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 13.3 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva do 18 de xullo de 2022 de concesión das axudas do Igape ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Resolucións definitivas» https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de 10 días naturais para que os interesados accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido na epígrafe primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderán interporse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, poderá interpor previamente un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica