Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43523

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de agosto de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do Acordo.

En consecuencia, por proposta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de agosto de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de agosto de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file