Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43510

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de agosto de 2022, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia.

A aprobación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do Acordo.

Esta modificación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza, polo que, por razóns de eficacia e operatividade, se considera máis axeitada a súa publicación completa e non parcial, de tal xeito que figuran postos cuxas características foron aprobadas en modificacións anteriores.

Nesta publicación figuran tamén postos en que foron clasificadas as excepcionalidades da súa cobertura polo sistema de libre designación nos acordos dos consellos da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2019, polo que se aproba a relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección da Presidencia da Xunta de Galicia (DOG nº 44, do 4 de marzo), e do 22 de novembro de 2018, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 225, do 26 de novembro).

En consecuencia, por proposta da Presidencia da Xunta de Galicia e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de agosto de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación

Criterio

PX.102.00.001.15770.010

XEFE/A DE SERVIZO DE COORDINACIÓN E PLANIFICACIÓN

(SX DE COORDINACIÓN E PLANIFICACIÓN)

Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia

PX.102.00.000.15770.005

XEFATURA DE SECCIÓN DE APOIO

Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de agosto de 2022, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file